Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2025/2026

A acreditación

LISTAXES DE ALUMNADO APTO

Unha vez rematado o curso farase pública -a través da Aula virtual do curso-, a listaxe provisoria de alumnado apto. (Ver apartado Publicar as listaxes de alumnado apto).

O alumnado disporá dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda. (Ver apartado Foro de novas / Mensaxes tipo / Listaxes de aptitude).


MATERIAS CO CURSO CI VINCULADO

No caso de que o curso estea vinculado a unha materia de grao, a listaxe definitiva será remitida ao profesorado da devandita materia para ser tido en conta na súa avaliación. (Ver apartado Xestión das cualificacións / 4. Preparar a listaxe de cualificacións para o profesorado)


O CRÉDITO ECTS

Tanto a cualificación final do curso (Apto/Non apto) como o crédito ECTS serán integrados no expediente do alumnado de grao (o ECTS de forma automática no caso de que así o solicitaran no momento da matrícula). (Ver apartado de matrícula)

A imputación faina a área TIC unha vez pechadas e asinadas as actas dos cursos CI (normalmente en bloque ao día seguinte do peche do prazo).  

Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación ou que volvan a realizar o mesmo curso no que xa obtiveron o apto.

Se o alumnado non lembra que opción escolleu respecto á imputación do crédito, ten que entrar na súa Secretaría Virtual, apartado "As miñas actividades" e picar no curso correspondente para consultalo.


O DIPLOMA

A BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será remitido de oficio por correo electrónico ao alumnado apto, unha vez finalice a actividade, nun prazo non superior aos 45 días. Isto tamén se aplica ao alumnado de Posgrao.

Unha vez asinadas as actas oficiais pola Dirección da BUSC, a Xefatura de Sección Servizos (ou persoa/s na/s que delegue) descargará os ficheiros que conteñen os diplomas desde Xescampus. No presente ano académico, os ficheiros que xera esta aplicación agrupan os diplomas de 150 en 150, polo que hai que descargar todos os ficheiros xerados e desagregalos mediante un script facilitado polo CAU (para facelo manualmente pódese consultar o proceso nos manuais de edicións anteriores). Este script desagrega os diplomas un a un, e renomea cada un co nome do estudante correspondente, xerando tamén, de forma automática, o ficheiro .zip necesario para cargar no Portasinaturas, co obxectivo de que cada diploma poida ser asinado automaticamente pola Dirección da BUSC.

A Xefatura de Sección Servizos (ou persoa/s na/s que delegue) será a responsable de executar este proceso co script (Ver apartado Instrucións de uso do script), e cargar os ficheiros no Portasinaturas. Unha vez asinados os diplomas, descargará os ficheiros do Portasinaturas e subiráos á carpeta da Intranet do grupo FUBUSC correspondente segundo o nivel (básico/avanzado) e edición (1ED/2ED), para que estean accesibles para as coordinacións dos cursos CI.

As persoas coordinadoras (do nivel ou área, segundo corresponda) encargaranse se repartir os ficheiros entre o persoal da biblioteca responsable de facer o envío dos diplomas ao estudantado por correo electrónico. (Ver apartado Foro de novas / Mensaxes tipo / Listaxes de aptitude).

MODELO DE CORREO PARA O ENVÍO DE DIPLOMAS PARA O CURSO BÁSICO

Asunto:   Diploma curso Competencias en Información. Nivel Básico. 1ª Ed. [BUSC.2526.1] [2025/2026]

Texto:  Bo día,  

remitimos o diploma de ter superado o curso Competencias en Información. Nivel Básico. 1ª Ed. [BUSC.2526.1] [2025/2026]. Se detectas algún erro ou incidencia podes comunicalo ás coordinadoras do curso: mluisa.iglesias@usc.es ou yolanda.dieguez@usc.es

 

Un cordial saúdo.  

 

MODELO DE CORREO PARA O ENVÍO DE DIPLOMAS DO CURSO AVANZADO

Asunto:  Certificado curso Competencias en Información, nivel avanzado. XXX

Texto:  Bo día, remitimos o certificado de ter superado o curso de Competencias en Información, nivel avanzado. XXX. Se detectas algún erro ou incidencia podes comunicalo á coordinadora do curso: XXXX@usc.es.  

Con respecto á imputación do crédito no expediente, queremos lembrarvos que:

  • As persoas que seleccionastes a imputación automática no expediente no momento da matrícula non tedes que facer nada, aparecerá no voso expediente unha vez finalizado o prazo de actas (a partir do 30 de abril)

  • As persoas que non seleccionastes a imputación automática, no caso de que o queirades imputar, debedes realizar a solicitude a través da sede electrónica da USC.

  • As persoas solicitantes de bolsa do Ministerio ou con dereito á bonificación establecida no Decreto de Prezos Públicos da Xunta de Galicia, debedes ter en conta os efectos que este recoñecemento pode producir na concesión da bolsa ou da bonificación, antes de formalizar a solicitude.

 Un cordial saúdo.  

Instrucións de uso do script

UNIDADE RESPONSABLE

Xefatura de Sección Servizos ou persoal no que delegue

PASOS

  1. Abrir a carpeta chamada "renombrar_diplomas", que é a que contén o script.
  2. Copiar o/s ficheiro/s PDF que contén/conteñen os diplomas nesta carpeta.
  3. Desde o menú de inicio de Windows, abrimos o Windows Power Shell
  4. Copiar a ruta da carpeta que contén o script.
    • Por exemplo, se está no escritorio: C:\Users\nome.apelido\Desktop\renombrar_diplomas
  5. No Power Shell escribimos "cd" e pegamos a ruta da carpeta: cd C:\Users\maria.cana\Desktop\renombrar_diplomas
  6. Copiamos o Comando 1 (ver abaixo) e substituimos o NomeDoFicheiro polo nome daquel co que estamos traballando..
    • Por exemplo, se o noso fichero chámase "CI avanzado_ArtesHH-1ed_2526_certificado_1-150.pdf", o comando sería:

.\qpdf\bin\qpdf.exe --split-pages=2 ".\CI avanzado_ArtesHH-1ed_2526_certificado_1-150.pdf" PAGINAS.PDF

 7. Lanzamos o comando, xa co nome correcto do ficheiro no Power Shell. Este comando fai que aparezan os diplomas desagregados na carpeta "renombrar_diplomas", pero aparecen co nome PAGINA001-002, PAGINA 003-004, etc.

8. Mover todos estes ficheiros xerados polo comando, á carpeta "pdf" que está dentro da carpeta "renombrar_diplomas".

9. No Power Shell, lanzamos o Comando 2 (ver abaixo). Este comando:

9.1 Cambia o nome a todos os ficheiros aloxados na carpeta "pdf", substituindo o nome do fichero polo nome do estudante que lle corresponde, e os coloca na carpeta "renombrados".

9.2 Agrupa todos estes diplomas nun ficheiro comprimido .zip, que xa é o que usaremos para cargar os diplomas no Portasinaturas co obxectivo de seren asinados pola Dirección da BUSC.

10. Rematado o proceso con cada bloque de diplomas, cómpre eliminar todos os ficheiros das carpetas do script antes de comezar co seguinte bloque.

COMANDOS

  1. .\qpdf\bin\qpdf.exe --split-pages=2 ".\NomeDoFicheiro.pdf" PAGINAS.PDF
  2. .\renombrar_ficheros.ps1