FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN CO ALUMNADO
Para o curso 2025/2026 empregaremos as seguintes ferramentas de comunicación:
Ver o Manual CI da BUSC para:
MENSAXE 1
Asunto: Benvida ao curso " Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 1ª Ed. [BUSC.2425.1] [2025/2026]”
Mensaxe:
Bo día!
Hoxe arranca a 1ª edición do curso de formación en Competencias Informacionais (CI) de nivel básico para alumnado de Grao [2025/2026], desenvolvido pola Biblioteca Universitaria e dirixido ao estudantado de primeiros cursos de Grao, co fin de proporcionar axuda de cara á adquisición destas competencias.
Verás que moitas delas xa as traballas desde hai tempo -aínda que non lles puxeras nome- e que aqueloutras que non coñecías, resultaranche tremendamente útiles e xa non poderás prescindir delas. Verás tamén a importancia de ter adquiridas estas competencias de cara ao mercado laboral.
O persoal da Biblioteca titorizará as actividades e tratará de resolver as túas dúbidas e retroalimentar a túa participación. Calquera dúbida podes plantexala a través do foro de dúbidas e suxestións ou a través do correo da túa biblioteca . Calquera outra dúbida que polo seu carácter privado non deba ser publicada nun foro podes formulala persoalmente na túa biblioteca ou no devandito correo electrónico.
Se non coñeces a contorna do Campus Virtual, no vídeo “Aprende a moverte polo curso" atoparás unha pequena axuda.
Aínda que o acceso aos contidos do curso será aberto e flexible para que cada quen o siga ao seu ritmo, ofrecemos unha “Guía de traballo para o estudantado” na que damos uns prazos recomendados para axudarche a xestionar o tempo.
Segundo esta guía, hoxe comeza o prazo para realizar:
O prazo recomendado para que realices estas actividades finaliza o 5 de outubro.
Na páxina principal da aula atoparás tamén o Índice do curso coa relación ordenada de módulos e actividades a realizar.
Saúdos,
A biblioteca.
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, ás 9.00 h, e prememos en Activar.
MENSAXE 2
Asunto: Recomendacións para o bo seguimento do curso
Mensaxe:
Bo día,
Apuntamos unha serie de recomendacións para o bo seguimento do curso:
Por último e moi importante, para realizar o curso con éxito os teus datos deben figurar no programa de xestión de persoas usuarias da Biblioteca. Para iso debes ter activadas as túas credenciais institucionais (usuario rai e contrasinal), xa que as vas necesitar para acceder ao catálogo da biblioteca, entre outras cousas.
Un saúdo!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, ás 10.00 h. e prememos en Activar.
MENSAXE 1
Asunto: Cales son as canles de comunicación?
Mensaxe:
Bo día,
como sabes o persoal da biblioteca titorizará e resolverá as túas dúbidas. Para plantexalas tes que facelo, preferentemente, a través do foro de dúbidas e suxestións ou, de tratarse de temas de carácter persoal, a través do correo da biblioteca, tal e como indicamos na mensaxe de benvida ao curso.
MOI IMPORTANTE!! Ten en conta que durante o curso poderás recibir correos desde os buzóns de calquera dos puntos de servizo da BUSC, e que so nos comunicaremos contigo a través do correo institucional (consulta diariamente a caixa de correo principal e a carpeta de spam).
Saúdos,
A biblioteca.
Período de presentación:
Establecemos como data de "Comezo da presentación" o segundo día do curso, ás 9.00 h.
Asunto: Módulo 2 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado hoxe remata o prazo recomendado para o Módulo 1, e mañá 6 de outubro recomendamos comezar co módulo 2 e actividades asociadas.
O seu obxectivo é que aprendas a realizar buscas eficaces e adquiras a competencia para avaliar tanto as propias fontes, como a información atopada, polo que animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a realizar estas actividades para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 9 de outubro. Lembra que neste módulo tes dúas tarefas de realización obrigatoria (M2A e M2B), sendo preciso obter o apto/a na M2B. Avaliación dunha estratexia de busca para poder superar o curso.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Descargar contidos en PDF
Mensaxe:
Bo día,
sabede que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano pero que, ademais, podedes descargalos en PDF.
Para iso, hai que entrar no libro que se desexa descargar e premer -baixo o título- na pestana "Máis", escollendo no menú "Imprimir libro/capítulo" segundo se desexe:
Agardamos vos resultde de utilidade. Saúdos!
Período de presentación:
Esta mensaxe é opcional, pero recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" un día entre do prazo recomendado do módulo 3, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 3 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día!
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 2 e actividades asociadas.
Recomendamos comezar hoxe co módulo 3, cuxo obxectivo é que aprendas a atopar a información pertinente no catálogo da BUSC, e a sacarlle partido aos servizos en liña que che ofrece.
Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo.
O prazo recomendado para a súa realización remata o 13 de outubro. Neste módulo tes a tarefa M3. Realiza buscas no catálogo Iacobus, de realización obrigatoria.
A Biblioteca.
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Estatística de seguimento do curso
Mensaxe:
Bo día,
case na metade do curso básico de CI, estas son as estatísticas do voso seguimento do curso respecto das tarefas que recomendamos ter rematadas:
Fostes 87 persoas as que formalizastes a súa matrícula a través da secretaría virtual.
- Respecto das actividades obrigatorias que neste momento do curso recomendamos ter finalizadas, esta é a situación:
>> Enquisa inicial: respondestes 59 persoas
>> Test de coñecementos previos: 57
>> Recibe notificacións do correo USC no móbil: 44
>> M1B. Correo USC : 36
>> M1C.Préstamo : 17
Animámosvos a que esta semana vos poñades ao día coas tarefas; para non sentirvos abafados evitade deixar todo para o final.
Un saúdo e moito ánimo!
Período de presentación:
Esta mensaxe é opcional, pero moi recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 4 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado, onte rematou o prazo para facer o módulo 3 e actividades asociadas.
Hoxe recomendamos comezar co módulo 4. O seu obxectivo é que coñezas os recursos básicos que che ofrece a BUSC a través da súa web, e sexas quen de facer buscas pertinentes nestes recursos.
Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo, para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalo é o 17 de outubro. Neste módulo tes a tarefa M4 de realización obrigatoria.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 5 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 4.
Recomendamos comezar co módulo 5, cuxo obxectivo é que aprendas a facer buscas eficaces na internet, e aproveitar ao máximo as funcionalidades que ofrecen os distintos recursos dispoñibles.
Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo.
O prazo recomendado para rematalas é o 21 de outubro. Lembra que neste módulo tes a tarefa M5 de realización obrigatoria.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 6 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado, onte rematou o prazo recomendado para facer o módulo 5.
A partir de hoxe recomendamos comezar co módulo 6 e actividade asociada. O obxectivo deste módulo é que sexas quen de elaborar traballos académicos segundo a metodoloxía propia da Universidade, e que saibas elixir o tipo de traballo que máis che conveña segundo cada necesidade. O prazo recomendado para rematalo é o 23 de outubro. Lembra que a actividade M6. O traballo académico, é de realización obrigatoria.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 7 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
segundo a Guía de traballo para o estudantado, hoxe comeza o prazo recomendado para facer o módulo 7 e actividades asociadas.
O obxectivo deste módulo é que comprendas a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias segundo o estilo que corresponde á túa titulación. Tamén que coñezas os dereitos de autor, para que coñezas os teus propios dereitos e saibas facer un bo uso deles, respectando os dos demais.
O prazo recomendado para finalizar este módulo é o 28 de outubro. Lembra que tes que realizar obrigatoriamente as actividades M7A e M7B, tendo que ter obrigatoriamente o apto/a na M7A para poder superar o curso.
A Biblioteca.
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: O curso CI de nivel básico remata dentro de 5 días
Mensaxe:
Bo día,
esta mensaxe é para lembrarvos que o curso finaliza o vindeiro mércores 5 de novembro, así que só quedan 5 días para rematalo.
A día de hoxe sodes 105 estudantes os que comezastes o curso, pero só 72 persoas rematastes coas actividades que se recomendaba ter feitas nestas datas.
Se tedes calquera dúbida podedes formulala a través do foro de dúbidas e suxestións ou no correo da vosa biblioteca.
Saúdos!!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" a 5 días para o remate do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 8 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudantado, hoxe recomendamos comezar co módulo 8.
O obxectivo deste módulo é que sexas quen de crear, editar e compartir contidos dixitais sinxelos. Tamén que coñezas ferramentas simples para manterte informado, e participes de forma segura nas redes sociais evitando, tamén, a desinformación e propagación de novas falsas.
Animámoste a que comeces canto antes a revisar este módulo para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalo é o 31 de outubro. Lembra que tes que realizar obrigatoriamente a tarefa M8B Traballar co Onedrive.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 9 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
segundo a Guía de traballo para o estudantado onte rematou o prazo para facer o módulo 8, e hoxe comeza o do módulo 9. O obxectivo deste último módulo é que saibas crear e protexer a túa identidade dixital, os teus dispositivos electrónicos e, en xeral, a túa saúde, facendo un bo uso da tecnoloxía.
Animámoste a que comeces canto antes a revisar este módulo para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalo é o 3 de novembro. Lembra que tes que realizar obrigatoriamente a tarefa M9B. Manterse a salvo na rede.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Test de repaso e enquisa de satisfacción
Mensaxe:
Bo día,
segundo a Guía de traballo para o estudantado hoxe comeza o prazo para realizar o test de repaso e a enquisa de satisfacción. Coa súa realización terías xa finalizado o curso.
A Biblioteca
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para a proba final, e prememos en Activar.
Asunto: Peche do curso CI Básico
Mensaxe:
Bo día!
A partir das 23:59 h de hoxe, 5 de novembro, damos por finalizado o curso e nun prazo aproximado de sete días publicaremos, -a través desta mesma canle-, a listaxe provisoria de alumnado apto.
Unha vez publicada a listaxe provisoria, disporedes dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que correspondan.
O acceso aos contidos teóricos permanecerá aberto durante todo o curso académico, pero lembrade que podedes descargalos.
Dito isto, despedímonos. Agardamos que a aprendizaxe vos resulte útil na vosa vida académica e laboral e que poidades sacarlle todo o rendemento posible a estas novas competencias.
Lembrade que sempre podedes acudir á Biblioteca ante calquera necesidade de información que se vos presente!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día do peche do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Resultado da Enquisa de satisfacción
Mensaxe:
Bo día,
finalizado o curso CI Básico, achegamos os resultados da Enquisa de satisfacción, aproveitando para agradecervos a vosa participación e incluíndo unha breve resposta ás vosas suxestións.
Lembrade que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o curso académico e que tamén podedes descargalos en PDF, desde cada libro (baixo o título veredes a pestana "Máis" e no menú escolledes "Imprimir libro/capítulo":
En breve publicaremos a listaxe de persoas aptas. Ata entón, non deixedes de por en práctica o aprendido. Saúdos!!
Período de presentación:
Esta mesaxe é opcional pero recomendable (aporta transparencia á actividade da BUSC). Non se pode programar porque hai que preparar o arquivo co resultado da Enquisa (aquí as instrucións) e achegalo xunto coa mensaxe.
NON ESQUECER ACHEGAR O FICHEIRO EN FORMATO PDF
Asunto: Listaxe provisoria de alumnado apto
Mensaxe:
Prezado alumnado,
Con data de hoxe, luns día XXX, faise pública a listaxe provisoria de alumnado apto no curso Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 1ª Ed. [BUSC.2425.1] [2024/2025]
Aquelas persoas que desexen formular alegacións poderán facelo ata o vindeiro luns día XXXl (incluído), debendo presentar un escrito a través do correo electrónico, que enviarán ao enderezo nome.apelido@usc.es, facendo constar nome e apelidos, titulación e o/s motivo/s da alegación.
O martes día XX a listaxe provisoria pasará a ser definitiva, sendo retificada segundo as emendas aceptadas, de ser o caso, e xa non se aceptarán novas alegacións.
Saúdos,
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o peche do curso.
NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF
Asunto: Listaxe definitiva de alumnado apto
Mensaxe:
Bo día,
Unha vez finalizado o prazo para formular alegacións á listaxe provisional de alumnado apto sen terse formulado ningunha, elevamos esta listaxe a definitiva / elevámola a definitiva coas emendas correspondentes. Parabéns a todas as persoas que superastes o curso!
Antes do XXXX(data), a dirección da Biblioteca Universitaria asinará as actas da actividade. Todo o alumnado apto recibirá no correo institucional un diploma electrónico acreditativo da superación do curso.
Con respecto á imputación do crédito no expediente, queremos lembrarvos que:
Desexamos que esta formación vos resultara de utilidade.
Seguimos á vosa disposición na biblioteca!
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o envío da listaxe provisoria.
NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF
Asunto: Imprescindible para o apto/a
Mensaxe:
Bo día,
esta mensaxe é un recordatorio sobre o método de avaliación do curso.
Para superar o curso e obter o certificado de aptitude é preciso:
Non cumprir estes requirimentos implica o NON APTO/A no curso.
As tarefas de realización obrigatoria son as seguintes:
Módulo 1: |
|
M1B. Correo USC |
0,5 |
M1C. Préstamo (requirida para o apto) |
0,5 |
Módulo 2: |
|
M2A. Practicando a busca e o uso da información |
0,5 |
M2B. Avaliación dunha estratexia de busca (requirida para o apto) |
1,5 |
Módulo 3: M3. Realiza buscas no catálogo Iacobus |
0,5 |
Módulo 4: M4. Busca en revista electrónica/base de datos |
1 |
Módulo 5: M5. Buscar en Dialnet/Jove |
1 |
Módulo 6: M6. O traballo académico |
0,5 |
Módulo 7: |
|
M7A. Identificar elementos dunha referencia (requirida para o apto) |
1,5 |
M7B. Aprende a citar |
1 |
Módulo 8: M8B. Traballar co Onedrive |
1 |
Módulo 9: M9B. Manterse a salvo na rede |
0,5 |
As respostas correctas aos cuestionarios permanecerán ocultas, pero naqueles casos nos que non se superen os exercicios requiridos para o apto no curso, recibirase aviso do titor para que se fagan as correccións oportunas, polo que recomendamos que estar atentos ao voso correo institucional.
Saúdos!!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.
MENSAXE 1
Asunto: Benvida ao curso "Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. CC Sociais e Xurídicas. 1ª Ed [BUSC.2526.3] [2025/2026]”
Mensaxe:
Bo día!
Hoxe arranca a 1ª edición do curso de formación en Competencias Informacionais (CI) de nivel avanzado para CC Sociais e Xurídicas [2025/2026], desenvolvido pola Biblioteca Universitaria e orientado á elaboración do Traballo de Fin de Grao (TFG).
Eu encargareime da coordinación xeral e o resto do profesorado titorizará o curso. Trataremos de resolver as vosas dúbidas e fomentar a vosa participación. Utilizade preferentemente a caixa de correo da vosa biblioteca e o foro para compartir as vosas dúbidas con nós.
Aqueles de vós que vos enfrontades por primeira vez ás CI, non vos preocupedes! Veredes que moitas delas xa as traballades desde hai tempo -aínda que non lles puxerades nome- e que aqueloutras que non coñeciades, resultaranvos tremendamente útiles e xa non poderedes prescindir delas. Veremos tamén a importancia de ter adquiridas estas competencias de cara ao mercado laboral.
Aínda que o acceso aos contidos do curso será aberto e flexible para que cada quen o siga ao seu ritmo, ofrecemos unha “Guía de traballo para o estudante” na que damos uns prazos recomendados a seguir para axudarche a xestionar o tempo.
Entre hoxe e mañá, recomendamos ler a descrición do curso e realizar as actividades iniciais: enquisa inicial e test de coñecementos previos.
Se precisas axuda para desenvolverte no Campus Virtual, consulta o vídeo “Como moverse polo curso”, que atoparás na sección “Recomendamos...”.
Comeza a aprendizaxe!!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.
MENSAXE 2
Asunto: Recomendacións para o bo seguimento do curso
Mensaxe:
Bo día,
Apuntamos unha serie de recomendacións para o bo seguimento do curso:
Por último e moi importante, para realizar o curso con éxito os teus datos deben figurar no programa de xestión de persoas usuarias da Biblioteca. Para iso debes ter actualizada a túa Tarxeta Universitaria de Identificación e coñecer as túas credenciais institucionais (usuario rai e contrasinal) xa que as vas necesitar para acceder ao catálogo da biblioteca, entre outras cousas.
Un saúdo!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o primeiro día do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 1 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe comeza o prazo recomendado para realizar o Módulo 1 e as actividades que ten asociadas.
O seu obxectivo é que sexas capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais.
O prazo recomendado para rematalo é o 13 de marzo.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 2 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 2, cuxo obxectivo é que sexas capaz de elaborar o teu TFG segundo a metodoloxía propia da Universidade e que sexas quen de elixir o tipo de traballo que máis conveña segundo a túa necesidade.
O prazo recomendado para rematalas é o 18 de marzo.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Descargar contidos en PDF
Mensaxe:
Bo día,
Sabede que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano e, ademais, podedes descargalos en PDF.
Para iso, hai que entrar no libro que se desexa descargar e premer -baixo o título- na pestana "Máis", escollendo no menú "Imprimir libro/capítulo" segundo se desexe:
Agardamos que vos resulte de utilidade.
Saúdos!
Período de presentación:
Esta mensaxe é opcional, pero recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" un día entre os prazos recomendados dos módulos 2 e 3, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 3 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 3 e as actividades asociadas.
O seu obxectivo é que afondes no teu coñecemento dos recursos de información e dos servizos que a USC pon á túa disposición a través da web da BUSC e das TIC, motivo polo que te animamos a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a realizar estas actividades para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 24 de marzo.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Estatística de seguimento do curso
Mensaxe:
Bo día,
Case na metade do curso avanzado de CI, estas son as estatísticas do voso seguimento do curso respecto das tarefas que recomendamos ter rematadas:
Fostes 87 as persoas que formalizastes a matrícula a través da secretaría virtual:
>>> 3 pertencedes ao Doble Grao en Dereito_Relacións Laborais
>>> 1 pertencedes ao Grao en Criminoloxía
>>> 29 ao Grao en Dereito
>>> 18 ao Grao en Relacións Laborais
>>> 7 ao Grao en Ciencia Política e da Administración
>>> 3 pertencedes a outros grupos
- Respecto das actividades obrigatorias que neste momento do curso recomendamos ter finalizadas, esta é a situación:
>> Enquisa inicial: respondestes 59 estudantes
>> Test de coñecementos previos: 57
>> Son as CI importantes para a túa empregabilidade?: 44
>> EX. M3A : 36
>> EX. M3B : 17
>> EX. M4A : 12
>> EX. M4B : 10
>> EX. M4C : 6
Animámosvos a que esta semana vos poñades ao día coas tarefas; para non sentirvos abafados evitade deixar todo para o final.
Un saúdo e moito ánimo!
Período de presentación:
Esta mensaxe é opcional, pero moi recomendable. Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 4 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe comeza o prazo recomendado para realizar o módulo 4 cuxo obxectivo é que saibas identificar a túa necesidade de información e as mellores fontes onde satisfacela, sendo quen de elaborar unha estratexia de busca eficaz.
Tamén, que coñezas os recursos máis importantes da túa área de coñecemento e sexas quen de chegar aos contidos dos documentos atopados nesas fontes.
Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas. O prazo recomendado para rematalas é o 30 de marzo.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: Imprescindible para o Apto
Mensaxe:
Bo día,
Esta mensaxe é un recordatorio sobre o método de avaliación do curso. Lembrade que a cualificación final será de APTO/A ou NON APTO/A. Para acadar o apto/a será preciso realizar todos os exercicios considerados obrigatorios (indícase ao lado do exercicio) e superar os EXERCICIOS M4A, M4B, M4C, M5B e M6B. As notas serán ponderadas segundo a seguinte táboa:
Curso AVANZADO TFG | PONDERACIÓN |
TEST COÑECEMENTOS PREVIOS (TCP): Opcional |
Non puntúa |
EXERCICIO M1. Escolla: Importancia das CI: Obrigatorio |
Non puntúa |
EXERCICIO M3A. Escolla: Recibe no movil o correo USC.Obrigatorio | Non puntúa |
EXERCICIO M3B. Test 7 preguntas: Obrigatorio | 0,5 |
EXERCICIO M4A. Test 8 preguntas. Obrigatorio | 1,0 |
EXERCICIO M4B. Tarefa: Busca en base de datos. Obrigatorio | 2,0 |
EXERCICIO M4C. Tarefa: Práctica noutras base de datos. Obrigatorio | 1,5 |
EXERCICIO M5A. Escolla: Fake news. Obrigatorio | Non puntúa |
EXERCICIO M5B. Tarefa: Test 7 preguntas. Obrigatorio | 0,5 |
EXERCICIO M6A. Test 6 preguntas. Obrigatorio | 1 |
EXERCICIO M6B. Tarefa: Xerar e citar bibliografía. Obrigatorio | 2,0 |
EXERCICIO M7A. Foro: Privacidade en internet. Opcional | Non puntúa |
EXERCICIO M7B. Escolla: Que dispositivos utilizas. Opcional. | Non puntúa |
EXERCICIO M7C. Test 8 preguntas. Obrigatorio. | 0,5 |
Total actividades módulos : media ponderada de cualificacións |
9,0 |
TEST DE AVALIACIÓN FINAL (TAF) : Obrigatorio | 1,0 |
Total do curso: media ponderada das Actividades dos Módulos e do TAF |
10,00 |
As respostas correctas aos cuestionarios permanecerán ocultas para o alumnado pero naqueles casos nos que non se superen os exercicios requiridos para o apto no curso, recibirase aviso do titor para que se fagan as correccións oportunas, polo que recomendamos ao alumnado que permaneza atento ao seu correo institucional.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" máis ou menos á metade do curso, evitando coincidir 2 mensaxes no mesmo día, e prememos en Activar.
Asunto: Módulo 5 e actividades asociadas
Mensaxe:
Bo día,
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar co módulo 5 cuxo obxectivo é que adquiras a competencia para avaliar a información atopada e seleccionar a que mellor se adecúe ás túas necesidades.
Debes aprender a organizar a información e a xestionala coa axuda das ferramentas informáticas existentes.
Animámoste a que, se aínda non o fixeches, comeces canto antes a revisar este módulo e a realizar as actividades que leva asociadas para poñerte ao día e que non se che acumule o traballo. O prazo recomendado para rematalas é o 2 de abril.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para este módulo, e prememos en Activar.
Asunto: O curso CI de nivel avanzado remata dentro de 5 días
Mensaxe:
Bo día,
Esta mensaxe é para lembrarvos que o curso finaliza o vindeiro venres 11 de abril polo tanto só quedan 5 días para entregar as tarefas e realizar os cuestionarios.
A día de hoxe sodes 105 estudantes os que comezastes o curso, pero só 72 persoas rematastes coas actividades que se recomendaba ter feitas nestas datas.
Se vos falta algunha tarefa e tendes dúbidas sobre o seu desenvolvemento, podedes enviar un correo á túa biblioteca:
Comprobade os comentarios ás tarefas na aula e no voso correo institucional (a algún de vós xa vos mandamos mensaxes individuais para que fagades algunha corrección nos exercicios).
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" a 5 días para o remate do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Actividades finais
Mensaxe:
Bo día!
Lembra que, segundo a Guía de traballo para o estudante, hoxe recomendamos comezar coas actividades de peche do curso, o Test de Avaliación Final e a Enquisa de satisfacción, cuxo obxectivo é coñecer o grao no que o curso se adaptou ás túas necesidades; esta é totalmente anónima polo que esperamos a túa sincera opinión para que nos axude a mellorar.
O prazo recomendado para rematalas é o 11 de abril, data na que daremos por finalizado o curso.
Un saúdo!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día de comezo do prazo recomendado na Guía de traballo para estas actividades, e prememos en Activar.
Asunto: Peche do curso CI Avanzado
Mensaxe:
Bo día!
A partir das 23:59 h. de hoxe, 11 de abril, damos por finalizado o curso e nun breve prazo publicaremos, a través desta mesma canle, a listaxe provisoria de alumnado apto.
Unha vez publicada disporedes dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda.
Durante uns días, o persoal da Biblioteca corrixirá as tarefas e exercicios pendentes e, en caso de detectar erros, poderá requirirvos algunha nova entrega, polo que debedes permanecer atentos/as ao voso correo institucional.
O acceso aos contidos teóricos permanecerá aberto durante todo o curso académico, pero lembrade que podedes descargalos.
Dito isto, despedímonos. Agardamos que a aprendizaxe vos resulte útil na vosa vida académica e laboral e que poidades sacarlle todo o rendemento posible a estas novas competencias.
Lembrade que sempre podedes acudir á Biblioteca ante calquera necesidade de información que se presente!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" o mesmo día do peche do curso, e prememos en Activar.
Asunto: Resultado da Enquisa de satisfacción
Mensaxe:
Bo día,
Finalizado o curso CI Avanzado, achegamos os resultados da Enquisa de satisfacción, aproveitando para agradecervos a vosa participación e incluíndo unha breve resposta ás vosas suxestións.
Lembrade que o acceso aos contidos teóricos da aula permanecerá aberto durante todo o ano e que tamén podedes descargalos en PDF desde cada libro (baixo o título veredes a pestana "Máis" e no menú escolledes "Imprimir libro/capítulo":
En breve publicaremos a listaxe de persoas aptas. Ata entón, non deixedes de pór en práctica o aprendido.
Saúdos!
Período de presentación:
Esta mensaxe é opcional pero recomendable (aporta transparencia á actividade da BUSC). Non se pode programar porque hai que preparar o arquivo co resultado da Enquisa (aquí as instrucións) e achegalo xunto coa mensaxe.
NON ESQUECER ACHEGAR O FICHEIRO EN FORMATO PDF
Asunto: Listaxe provisoria de alumnado apto
Mensaxe:
Prezado alumnado,
Con data de hoxe, luns día 9 de decembro de 2024, faise pública a listaxe provisoria de alumnado apto no curso Competencias en Información para TFG. Nivel Avanzado. Artes e Humanidades. 1ª Ed. [BUSC.2425.5] [2024/2025].
Aquelas persoas que desexen formular alegacións poderán facelo ata o vindeiro luns día 16 de decembro (incluído), debendo presentar un escrito a través do correo electrónico, que enviarán ao enderezo nome.apelido@usc.es, facendo constar nome e apelidos, titulación e o/s motivo/s da alegación.
O martes día 17 de decembro a listaxe provisoria pasará a ser definitiva, sendo rectificada segundo as emendas aceptadas, de ser o caso, e xa non se aceptarán novas alegacións.
Saúdos,
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o peche do curso.
NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF
Asunto: Listaxe definitiva de alumnado apto
Mensaxe:
Bo día,
Tal como anunciamos na mensaxe anterior, hoxe 12 de abril de 2022, a listaxe de alumnado apto elévase a definitiva coas emendas correspondentes. Parabéns a todas/os as/os que superastes o curso!
Entre o 15 e o 30 de abril, a Dirección da Biblioteca Universitaria asinará as actas desta actividade.
Con respecto á imputación do crédito no expediente, queremos lembrarvos que:
O alumnado apto recibirá un diploma electrónico acreditativo da superación do curso no correo institucional.
Desexamos que esta formación vos fora de utilidade.
Xa sabedes que estamos á vosa disposición tanto na biblioteca como nas redes sociais.
Saúdos!
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar xa que hai que preparar o ficheiro, pero non será superior a 7 días tras o envío da listaxe provisoria.
NON ESQUECER ACHEGAR A LISTAXE EN FORMATO PDF
IMPORTANTE: Filtrar por grupos/titulacións para convocar ao alumnado en datas/sitios distintos.
MENSAXE 1
Asunto: Sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks
Mensaxe:
Bo día,
No marco do curso avanzado CI propoñemos a realización dunha sesión práctica presencial de 2 horas de duración, na que falaremos de:
A sesión terá lugar na Aula de informática 1i da Facultade de CC Económicas e Empresariais o vindeiro xoves 21 de novembro, de 12:00 h a 14:00 h.
A asistencia a esta sesión é opcional mais altamente recomendable para superar con éxito as tarefas de busca de información e citar e crear bibliografía, cuxa superación é requisito para o apto no curso.
Recomendamos ao alumnado que, de ser posible, acuda co seu propio ordenador (na Aula hai 20 PCs, pero poden non ser suficientes). Para que a sesión teña lugar requírese un número mínimo de 10 asistentes, polo que cómpre anotarse enviando un correo a biblioteca.xxxx.servizos@usc.gal antes do luns 18 de novembro, ás 14 h.
Lembrade, tamén, crear a conta en Refworks antes da sesión.
Saúdos!
Período de presentación:
Realizar sesións presenciais é opcional, pero moi recomendable. En caso de realizalas, estableceremos como data de "Comezo da presentación" unha semana antes da data da sesión presencial, e prememos en Activar.
MENSAXE 2
Asunto: Recordatorio Sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks
Mensaxe:
Bo día,
Lembrade que pasado mañá, 15 de marzo, realizaremos a sesión práctica de buscas bibliográficas e uso do xestor bibliográfico Refworks.
A asistencia a esta sesión é opcional mais altamente recomendable para superar con éxito as tarefas de busca de información e citar e crear bibliografía, cuxa superación é requisito para o apto no curso.
A sesión terá lugar na Aula de informática 1i, da Facultade de CC Económicas e Empresariais o vindeiro mércores 15 de marzo de 12:00 h a 14:00 h.
Recomendamos ao alumnado que, de ser posible, acuda co seu propio ordenador (na Aula hai 20 ordenadores pero poden non ser suficientes). Para que a sesión teña lugar requírese un número mínimo de 10 asistentes, polo que cómpre anotarse enviando un correo a correodatitora@usc.es.antes do martes día 14 de marzo, ás 14 h.
Lembrade, tamén, crear a conta en Refworks antes da sesión.
Saúdos!
Período de presentación:
Estableceremos como data de "Comezo da presentación" 2 días antes da data da sesión presencial, e prememos en Activar.
MENSAXE 3
Asunto: Cancelada a sesión práctica de busca de información e uso do xestor bibliográfico Refworks
Mensaxe:
Boa tarde,
Cancélase a sesión práctica presencial de mañá, mércores 15 de marzo, por non alcanzar o número mínimo requirido de asistentes.
Un saúdo.
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar. Só a lanzaremos en caso de que haxa que cancelar a sesión.
MENSAXE 4
Asunto: Instrucións para o seguimento do taller de buscas por Teams
Mensaxe:
Bo día,
Lembrade que pasado mañá, 19 de outubro, realizaremos a sesión práctica de buscas bibliográficas.
Desenvolverase de xeito presencial obrigatorio para os alumnos da materia Sistema Informativo Contable (na aula …) e por Teams para o resto do alumnado.
Deberedes acudir á aula acompañados do voso ordenador portátil e preferiblemente coa posibilidade de empregar o navegador Firefox.
Para aqueles que vaiades seguir a sesión a través de Teams tendes que unirvos ao equipo " Competencias en Información. Nivel Avanzado. ADECO 1ª Ed [BUSC.2223.11] [2022/2023]:
O día da sesión aparecerá na canle "General" unha reunión e deberedes premer en "Unirse". Non é necesario que habilitedes a cámara pero sería bo que dispuxerades dun micro por se queredes intervir ou facer preguntas durante o taller.
Recomendamos deixar sen facer as tarefas de busca de información e de citas e bibliografía ata despois desta sesión, xa que adoita ser de moita axuda para realizalas con éxito. Lembrade que superalas é requisito para o apto no curso..
A Biblioteca.
Período de presentación:
Esta mensaxe non se pode programar. Só a lanzaremos en caso de que haxa que cancelar a sesión.