O proceso de matrícula a través da Secretaría Virtual do Alumnado non sufre modificacións este curso.
A nivel básico o alumnado atopará unha única aula na que matricularse, e a nivel avanzado 4 aulas, unha por área de coñecemento. Ambos niveis ofrecen unha 2ª edición no 2º semestre.
| Cómpre recordar que a USC só recoñece o ECTS ao alumnado que acade o apto no curso CI dirixido á súa titulación, segundo a Resolución Reitoral do ano académico en curso. (Ver apartado As CI na USC) |
Segundo o novo Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2025) no momento da matrícula:
o alumnado vai ter que elixir nese momento se quere que se lle impute ou non o ECTS no expediente de forma automática saíndolle a seguinte mensaxe:

aínda seleccionando que desexa que se lle impute automaticamente, se cambia de parecer:
poderá cambiar esta selección desde a súa SV mentres estea aberto o prazo de matrícula no curso,
poderá opoñerse á imputación do crédito no prazo que se indica na RR (antes de que finalice a actividade CI).
unha vez imputado o crédito e pasado o prazo para opoñerse, o crédito non poderá ser retirado do expediente.
se non imputan o crédito nun determinado ano académico, si poderá imputalo posteriormente (aplicación retroactiva).
Cada curso académico, a coordinación dos cursos CI deseña un documento coas instrucións para a matrícula, que se elabora en formato pptx, se transforma a PDF e se sube á carpeta de Material promocional dos cursos, na intranet do grupo FUBUSC Coordinación. Dentro desta carpeta hai unha subcarpeta para o Ano en curso, na que se deposita este material, así como un documento README.txt coas instrucións para a elaboración da cartelaría promocional dos cursos.
Durante o prazo de matrícula, a Coordinación dos cursos CI comparte en FUBUSC un ficheiro no que se mostra o avance da matrícula, coa finalidade de que os centros comproben que o alumnado das titulacións ás que dan servizo se matricula na aula que lle corresponde e, en caso de erro, poder advertirlles para que se matriculen a tempo na aula correcta. Isto aplica só ao nivel avanzado, xa que para o básico só temos unha aula que alberga a todo o estudantado.
As bibliotecas de centro deben revisar este ficheiro cada 2 ou 3 días, e diariamente na semana antes do peche do prazo de matrícula. Débese filtrar o ficheiro polas titulacións que lle competen a cada centro e avisar unicamente ao estudantado que apareza matriculado nunha aula allea á súa área de coñecemento.
OLLO! Non se debe facer a tarefa de filtrar por aula para avisar ao estudantado doutras titulacións alleas aos do propio centro, xa que desta forma recibirán o aviso por duplicado.
Cando unha persoa se matricule por erro nunha actividade recibirá, así, aviso desde súa biblioteca para que solicite por escrito a anulación da matrícula, enviado un correo a biblioteca.universitaria.servizos@usc.gal.
A biblioteca encargarase de avisar ao servizo de xestión académica para que procese a solicitude.
De non anular a matrícula, ao/á estudante apareceralle esta actividade como "Non apta/o" no seu expediente. É por iso que desde a Coordinación porase á disposición das bibliotecas no SharePoint de FUBUSC a listaxe do alumnado matriculado nas actividades mentres estea aberto o prazo de matrícula, co fin de que os centros a consulten e poidan advertir ao alumnado dos posibles erros e,desta forma, estes poidan subsanalos matriculándose na actividade correcta en prazo.
EXEMPLO DE MENSAXE
Estimado/a alumno/a,
se recibiches esta mensaxe é porque te matriculaches nun curso de CI que non corresponde á túa titulación. Isto impedirache obter o crédito polo que, se tes interese no mesmo, recomendamos que te matricules no curso apropiado á túa titulación o antes posible: [BUSC.2223.7] - Competencias en Información. Nivel Avanzado. Humanidades. 1ª Ed.
Ademais, para que non apareza no teu expediente o "Non apto" na actividade na que te matriculaches por erro, debes solicitar a anulación da matrícula nesa actividade. Para iso envía un correo a biblioteca.universitaria.servizos@usc.gal, indicando o teu nome e apelidos, DNI, correo institucional e curso no que solicitas a anulación da matrícula: [BUSC.2223.5] - Competencias en Información. Nivel Avanzado. CC Xurídicas. Políticas. RRHH. 1ª Ed
Se precisas axuda contacta coa túa Biblioteca.
1. PROCEDEMENTO CANDO EXISTE CAUSA XUSTIFICADA
Cando o alumnado solicita matricularse nun curso CI fóra de prazo debemos analizar as causas, e só iniciaremos o trámite de matrícula a través do Servizo de Xestión Académica (SXA) en caso de estar xustificado:
O trámite será o seguinte:
O estudantado matriculado por este procedemento non ten a opción de indicar se quere o recoñecemento automático da actividade no expediente, polo que se desexa imputar o crédito ten que solicitalo na SXA.
2. PROCEDEMENTO CANDO NON EXISTE CAUSA XUSTIFICADA
De forma excepcional, para o alumnado que desexa acceder á formación fóra de prazo sen xustificación a Biblioteca poderá ofrecerlle o acceso á aula no Campus Virtual -a través do CeTA-, pero deberá informarlle de que aínda que supere o curso non obterá o ECTS nin o diploma -posto que este alumnado non se matriculou pola Secretaría Virtual (SV) e, polo tanto, non está en Xescampus-.
A persoa que reciba a solicitude de matrícula considerará favorablemente estas peticións sempre que non transcorreran máis de cinco días naturais desde o inicio do curso e, ademais, se dea algunha destas dúas condicións:
Aceptada a solicitude, a persoa responsable deberá:
O alumnado que acade o apto no curso e non puidera obter o crédito ou o diploma por non estar matriculado pola SV, poderá matricularse noutra edición do curso só aos efectos de acadar estas acreditacións, sen ter que realizar de novo a formación. A Biblioteca deberá informar desta posibilidade ao alumnado, e levar un rexistro destas persoas a fin de identificalas como aptas en futuras edicións do curso.
EXEMPLOS DE MENSAXES PARA O ALUMNADO
CON CAUSA XUSTIFICADA (máximo ata o día de comezo do curso)
Bo día,
avaliada a causa que lle impediu a matrícula en prazo no curso Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 2ª Ed. [BUSC.2425.2] [2024/2025], a Biblioteca considera que está xustificada, polo que procedemos a tramitar a súa solicitude.
Nun prazo breve terá vostede acceso ao curso no seu Campus Virtual.
Atentamente,
A Biblioteca.
SEN CAUSA XUSTIFICADA (máximo ata o 5º día desde o inicio do curso)
Bo día,
informámoslle de que non é posible tramitar a súa solicitude de matrícula no curso Competencias en Información para Alumnado de Grao. Nivel Básico. 2ª Ed. [BUSC.2425.2] [2024/2025] a través do servizo de xestión académica, dado que non existe causa xustificada para realizala fóra do prazo e o curso xa comezou.
Doutra banda, a Biblioteca ofrece a posibilidade de darlle acceso a esta formación a través do Campus Virtual. Mais, ao non constar a matrícula no servizo de xestión académica, non terá dereito nin ao crédito ECTS nin ao diploma de aptitude.
Mediante esta modalidade de acceso acadará as competencias en información e, de estar vinculado a unha materia das que cursa na súa titulación de Grao, a Biblioteca trasladará a cualificación obtida ao coordinador desta materia. De interesarlle as acreditacións, deberá volver matricularse na vindeira edición do curso CI que se ofreza desde a BUSC.
Se opta por esta solución, por favor responda a esta mensaxe o antes posible.
Un saúdo,
A Biblioteca.
1. Podo matricularme no nivel avanzado sen ter feito o nivel básico? Sí, son independentes, e ademais obterás un ECTS por cada nivel.
2. Podo facer os dous niveis a un tempo? Si, pero recomendamos facer o básico nos primeiros cursos de Grao e o avanzado no último curso.
3. O curso é gratuíto? Por que na secretaría virtual di que " se dispón de 5 días para pagar"? Esta información aparece por defecto en todos os cursos, pero ao premer en "matricularse" xa pon que é gratuíto.
4. Matriculeime no curso pero non me aparece a aula no meu Campus Virtual. A aula aparece no momento en que comeza o curso. recibirás unha mensaxe de benvida na túa caixa de correo institucional.
5. Se teño o diploma/crédito polo curso básico que acadei mentres estudaba Bioloxía, podo convalidar o curso básico de Dereito que é o que estou estudando este ano? Si, pero terás que matricularte de novo no curso e entregar o diploma que demostre que xa o superaches. Unha vez matriculado no novo curso, recibirás as instrucións por parte da Biblioteca no teu correo institucional.
6. Como estudante de posgrao (Máster, Doutoramento...), cursos propios, microcredenciais, etc. podo facer o curso básico/avanzado? Podes facelo -non está restrinxida a matrícula- pero non tes dereito ao ECTS, aínda que si ao diploma.
7. Teño que facer algunha xestión para que se me impute o crédito? Se escolliches a imputación automática cando te matriculaches no curso, non tes que facer nada, impútase de oficio no teu expediente unha vez publicadas as actas.
Se escolliches non imputalo automaticamente, poderás solicitar a imputación en calquera momento, mentres manteñas a vinculación coa USC, a través da sede electrónica da USC.
8. Escollín a opción de imputar automaticamente o ECTS, podo cambiar a escolla? Si, pero só hai dúas oportunidades para facelo:
Unha vez imputado o ECTS no teu expediente non pode ser retirado.
