CORRECCIÓN POR GRUPOS
Cando se corrixe por grupos de titulacións, hai que lembrarse de seleccionar a titulación en cada tarefa:
***Se a tarefa está aberta durante un tempo, pode que se cambie o filtro e volva a Todos os participantes. Hai que comprobar que non suceda e facer o cambio ao grupo.


MENSAXERÍA
|
XERAL
REQUIRIR NOVAS ENTREGAS DAS TAREFAS Revisaremos as entregas das tarefas diariamente, por se hai erros subsanables poder advertir ao estudantado. Nestes casos enviaremos unha mensaxe para que se corrixa a entrega. Poñeremos a puntuación que lle corresponda segundo os criterios de corrección. Se cambia a tarefa darémoslle unha nova puntuación. Tendo en conta que os comentarios que o persoal titor deixa nos exercicios de tipo tarefa non chegan ao correo do estudantado, debemos enviarlles un correo para requirirlles a acción (correctiva) necesaria, sempre incluíndo un prazo máximo para facer a nova entrega da tarefa. Cando son varias as persoas que corrixen unha mesma actividade cómpre, ademais, copiar esa mensaxe no espazo habilitado en Moodle para esta finalidade (Comentarios, Comentarios de realimentación, etc.) sempre que sexa posible. Así, se unha persoa xa corrixiu un exercicio e deixou o comentario, a seguinte verá que xa lle foi requirida a corrección ao alumnado e que non ten que requirirlla de novo.
Cando a tarefa sexa novamente cualificada, agregaremos a nova mensaxe sobre a anterior, para que apareza arriba de todo e se visualice con claridade que recibiu unha cualificación final. Non borraremos as mensaxes previas. |
NÚMERO DE INTENTOS DOS CUESTIONARIOS E TAREFAS
TAREFAS REQUIRIDAS PARA O APTO (AMBOS NIVEIS)

A persoa que corrixe envíalle unha mensaxe polo sistema de mensaxería da aula indicando que está non apto/a na tarefa MXX, e copiando o texto do comentario á tarefa.

![]()

Para o caso das entregas que foron realizadas durante a tarde e a noite do día do peche do curso, ou que aínda entregadas, non foron corrixidas ata o último día, poderemos solicitarlles a entrega dun 2º intento durante os tres días seguintes ao peche (sen contar festivos). Para estas novas entregas o alumnado terá de prazo ata ás 23.59h do terceiro día. Dado que a tarefa no Campus Virtual estará pechada, estas entregas fóra de prazo terán que ser entregadas por correo. Unha vez corrixidas, se é o caso, modifícarase a cualificación da aula.
CUESTIONARIOS
Coa chegada da IA os cuestionarios deben incluir preguntas de tipo "arrastrar" ou de tipo "cloze", que a IA non responde directamente. Usámolos tamén para facer preguntas que obrigan a consultar as bases de datos, a cuxos contidos a IA non ten acceso.
A maioría dos cuestionarios deste ano son opcionais, como reforzo do aprendido. É por iso que os test opcionais non contan para a cualificación no curso.
Os que si contan están identificados como obrigatorios, a biblioteca ofrece un único intento e sen límite de tempo para respondelos e superalos. O alumnado non pode ver as respostas correctas, para evitar que copien.
Xa non usamos cuestionarios con preguntas de tipo Ensaio.
Tanto os cuestionarios como as tarefas deben ter activada a data límite de entrega que coincide coa data de peche do curso.
BLOQUEO DAS ENTREGAS DE TAREFAS
Emprégase para impedir que fagan unha segunda entrega nas tarefas nas que só se pode facer unha e tamén para impedir que eliminen a segunda entrega e carguen unha terceira nas tarefas nas que hai dúas posibilidades de entrega .
Farase unha vez cualificada cada tarefa que ten unha soa entrega (para impedir que eliminen a cualificada e carguen outra) e unha vez cualificada na segunda oportunidade nas tarefas que teñen dúas posibilidades de entrega.
Procedemento:

Unha vez bloquedas aparece isto:

Se alguén entregou un documento por erro e consideramos que está xustificado darlle outra oportunidade, individualmente pódese permitir que entregue de novo:

REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
Este exercicio cualifícase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non Apto/a). Para acadar o Apto/a será necesario:
O documento a entregar debe estar en formato PDF e nomeado da maneira que se especifica no enunciado da tarefa. [A falta destes dous aspectos non implican o Non apto na tarefa]
É importante comprobar que se distinga o nome do alumno/a e que está empregando o correo da USC, senon non hai forma de saber que o fixo a propia persoa e non copiou.
EXEMPLOS DE MENSAXES (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):
Patricia, este exercicio consiste en configurar o correo institucional de xeito que te identifique como membro dunha comunidade, algo que na túa carreira profesional terás que acreditar sen dúbida. No teu non queda claro nin a institución (empresa) á que pertences, nin a túa ocupación. Se tes dificultades pasa pola biblioteca e axudámoste.
Un saúdo
Ana, no PDF que entregaches non se aprecia que estás no correo institucional (o da USC). Fíxate no exemplo proposto e volve a subir a tarefa.
Un saúdo
Álvaro, apréciase a sinatura de correo pero non a do correo institucional da USC como se pedía no exemplo. Tes que entrar coas túas credenciais no correo da USC na opción configuración-sinatura do correo electrónico; non vale con outra conta e para confirmalo na parte superior da pantalla deben aparecer as siglas da USC coma no exemplo. Revisa as instrucións e volve a entregalo.
Un saúdo
Ola Elisa,
por favor, revisa o teu exercicio, xa que:
1. Non seleccionaches a opción de incluír a sinatura nas mensaxes, tal como se pide no apartado 4 do enunciado (mira a imaxe de exemplo). Por esta razón descontariamos a metade da puntuación.
2. Tampouco recortaches a imaxe (podemos ver as pestanas do navegador, a barra de tarefas...) polo que che descontariamos 0,1 puntos máis.
Un saúdo
ALUMNADO ECTS
O alumnado que xa realizou o curso en anos anteriores pero non puido imputar o crédito ECTS non ten que realizar de novo o curso, senón que nesta pregunta da Proba Final entregará, preferentemente, o diploma obtido no curso que xa superou.
Se non ten o diploma deberá acceder ao seu espazo na Secretaría Virtual do Alumnado, apartado As miñas actividades, e capturar a pantalla que mostre que foi Apto no curso CI. Como resposta a esta pregunta deberá entregar un documento que conteña a captura de pantalla.

INSTRUCIÓNS PARA CUALIFICAR A ESTE ALUMNADO
En lugar de cualificar a pregunta desde a Proba final, para este alumnado modificaremos a cualificación Total do curso, desde o menú xeral do curso Cualificacións. Deberemos ter o modo de edición activado.
Unha vez localizado/a o/a alumno/a, moverémonos á dereita do informe, ata a casiña Total do curso, poremos a cualificación 10 e damos intro. A continuación prememos en Gardar os cambios, na marxe inferior da pantalla, xunto ao nº de páxinas.

Este alumnado aparecerá na listaxe de cualificacións extraída de Moodle cunha cualificación de 10 na nota final, pero o resto de actividades estarán sen realizar e aparecerán con guións. Os centros levarán o control do alumnado que pertence a este grupo, para cualificalo como Apto na listaxe de cualificacións final.
Unha vez remate o curso, os centros deberán cambiar a este alumnado de grupo, desde o da titulación á que pertencen ao Grupo Alumnado ECTS, para que non interfiran na recollida de datos estatísticos.
**Se queremos evitar que este alumnado reciba as mensaxes dos Foros durante o curso, podemos engadilos ao Grupo "Restrición foros", pero cómpre retiralos deste grupo antes de publicar as listaxes de aptitude, xa que se non o facemos non recibirán o aviso no correo cando se publiquen nin terán acceso ao Foro).
REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
Este exercicio cualifícase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non apto/a). Para superar o curso é imprescindible obter APTO/A:
Se hai persoas que notifican que non poden facelo porque non están en Alma hai que indicarlles que contacten co CAU e unha vez o resolvan, fagan o exercicio con normalidade.
Dado que é imprescindible para superar o curso, daremos 2 oportunidades segundo o procedemento para as segundas oportunidades definido anteriormente:
CAPTURA COPILOT (Aínda que usemos o mesmo promt variará para cada persoa)
A modo de exemplo:

Hai un concepto na ecuación de busca proposta que non é necesario para buscar sobre o tema proposto: "Memes y salud mental: humor, evasión y expresión emocional"
Foi capaz Copilot de sinalar ese concepto sobrante? Non
Cál é? youth OR adolescents*
Ecuación de busca correcta, poden existir varias posibilidades:
“internet memes” AND (“mental health” OR anxiety OR depression)
(“internet memes” OR memes OR “digital humor”) AND (“mental health” OR anxiety OR depression)
Hai máis opcións, que se deben valorar se se presentan
PROPOSTA DE MENSAXE CANDO SE INDICA QUE A TAREFA É NON APTA:
REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
Este exercicio cualifícase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non Apto/a). Para acadar o Apto/a será necesario:
RESPOSTA CORRECTA:
Nome do/a alumno/a:
Referencia: Charyton, C., Elliot, J.O., Rahman, M.O., Woodard, J.L., & De Dios, S. (2011). Gender and Science: Women Nobel Laureates. The Journal of Creative Behavior. 45(3), 203-214.
Abstract: Women and their creativity are underrepresented in science. To date, few women have been awarded the Nobel Prize in science. Eleven female Nobel laureates in physics, chemistry and physiology/medicine between 1901 and 2006 were compared with 37 males who received the Nobel Prize in the same area one year prior and one year after the women. Data analyzed included birth order, marital status, children, awards (Fulbright, Rhodes, and number of honorary awards received), highest education level and Nobel mentor. Results indicated that female Nobel laureates were significantly less likely to marry and have children. When female laureates had children, they had significantly fewer children than male laureates. Female laureates also had fewer publications than their male counterparts. Our findings suggest that eminent women scientists tend to choose the pursuit of scientific discovery over starting families more often than eminent male scientists. More resources are needed in order to nurture and enhance the recruitment and retention of women in science, technology, engineering and mathematics (STEM).
DOI:10.1002/j.2162-6057.2011.tb01427.x OU https://doi.org/10.1002/j.2162-6057.2011.tb01427.x

REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
DIALNET
Ficheiro nomeado correctamente (incendios forestales) e capturas de pantalla con documentos do tema proposto, nome correcto da busca gardada e que a persoa está logueada en Dialnet.


JOVE
Este exercicio puntúa sobre 1, coa seguinte distribución:


EXEMPLOS DE MENSAXE (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO SOLICITE A REVISIÓN ANTES DE ENTREGAR A TAREFA):
Bo día Estela,
na túa entrega do exercicio de buscar en Dialnet a imaxe está cortada e non podo ver se a fixeches dende o teu rexistro de Dialnet.
Corríxeo e súbeo de novo antes de entregar a proba.
Saúdos,
A biblioteca.
Hai que revisar ao alumnado que está suspenso nesta actividade semanalmente, e sobre todo na última semana do curso. Inda que ao finalizar o exercicio e finalizar a revisión poden volver a entrar e teñen un botón no que se indica "Reintentar a proba", pode que non o vexan e só fagan unha entrega.

Polo tanto o procedemento será o seguinte:
Escríbeselle unha mensaxe a través do correo da biblioteca indicando:
Non superaches a tarefa M7A. Identificar elementos dunha referencia, pero lembra que tes unha segunda oportunidade. Tes que volver a entrar no cuestionario e premer en "Reintentar a proba"
Lembra que superarala é imprescindible para acadar o apto/a no curso.
A visualización dos dous intentos é a seguinte:

REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
MODELO DE RESPOSTA TAREFA M7B
ESTILO APA
Apelido_Apelido_nome_M7B
FEITAS POR MIN:
LIBRO:
Marín Blanco, L. (2021). A ciencia en tempos de datos. Editorial TecnoHumanas.
ARTIGO DE REVISTA ELECTRÓNICA:
Dávila, R. & Chen, S. (2023). Intelixencia artificial e saúde mental en mozos. Revista Iberoamericana de Psicoloxía Dixital, 4(2), 88-101. https://doi.org/10.9999/riapsid.2023.4.2.5.
RESULTADOS IA:
Utilizando o prompt:
📘 Libro
Marín Blanco, L. (2021). A ciencia en tempos de datos. Editorial TecnoHumanas.
📄 Artigo de revista electrónica
Dávila, R., & Chen, S. (2023). Intelixencia artificial e saúde mental en mozos. Revista Iberoamericana de Psicoloxía Dixital, 4(2), 88–101. https://doi.org/10.9999/riapsid.2023.4.2.5
COMPARATIVA:
Os resultados da IA coinciden cos que realicei seguindo a guía da BUSC. Penso que a IA pode apoiar a aprendizaxe das normas de citación.
____________________________________________________________________________
ANEXO: CONVERSA COA IA UTILIZANDO O PROMPT
Quero citar en APA un libro e un artigo de revista electrónica, os datos son os seguintes:
ChatGPT Plus
Perfecto, Isabel 😊. Para poder redactar correctamente as dúas referencias en APA (7ª edición) necesito que me indiques os datos completos de cada recurso:
📘 Para o libro:
📄 Para o artigo de revista electrónica:
👉 En canto me pases esa información, elaboro as referencias completas e tamén a forma de facer a cita dentro do texto (narrativa e entre parénteses).
¿Queres facilitarme agora eses datos?
Tú dijiste:
LIBRO: Autor: Luis Marín Blanco Ano: 2021 Título: A ciencia en tempos de datos Editorial: Editorial TecnoHumanas. ARTIGO: Autores: Raquel Dávila e Samuel Chen Ano: 2023 Título: Intelixencia artificial e saúde mental en mozos Revista: Revista Iberoamericana de Psicoloxía Dixital 2023, vol. 4 n. 2 marzo 2023, pp. 88-101 issn 1851 3426 DOI: https//doi.org/10.9999/riapsid.2023.4.2.5.
ChatGPT Plus
Perfecto, Isabel 👌. Coa información que me achegaches, aquí tes as referencias en formato APA (7ª edición):
📘 Libro
Marín Blanco, L. (2021). A ciencia en tempos de datos. Editorial TecnoHumanas.
📄 Artigo de revista electrónica
Dávila, R., & Chen, S. (2023). Intelixencia artificial e saúde mental en mozos. Revista Iberoamericana de Psicoloxía Dixital, 4(2), 88–101. https://doi.org/10.9999/riapsid.2023.4.2.5
✍️ Citas no texto
ANEXO: CONVERSA COA IA UTILIZANDO SÓ AS IMAXES
Se me subes as imaxes da cuberta e da portada podo revisar os datos bibliográficos (autor, título, editorial, ano, etc.) e comprobar que todo está correcto para redactar a referencia en APA (7ª edición).
Ademais, se aparecese información adicional (como tradutor, edición, colección ou DOI/URL), tamén a podo incorporar.
👉 ¿Queres subir agora esas imaxes para que che xere a referencia revisada?
Tú dijiste:
Estas son do libro (subo imaxes)
ChatGPT Plus
Moitas grazas, Isabel 🙌. Coas imaxes da cuberta e da portada xa temos todos os datos necesarios para construír a referencia segundo APA (7ª edición).
📘 Referencia do libro en APA 7ª ed.
Marín Blanco, L. (2021). A ciencia en tempos de datos. Editorial TecnoHumanas. ISBN: 978-84-92738-99-0
(Nota: o ISBN non é obrigatorio en APA, pero pode incluírse cando se quere maior precisión bibliográfica, especialmente en contextos académicos de biblioteconomía e documentación).
✍️ Citas no texto
Tú dijiste:
Estas son do artigo (subo imaxes)
ChatGPT Plus
Perfecto, Isabel 🙌. Xa coas imaxes da revista e cos datos que me pasaches, podemos deixar a referencia en APA 7ª edición perfectamente estruturada.
📄 Referencia do artigo
Dávila, R., & Chen, S. (2023). Intelixencia artificial e saúde mental en mozos. Revista Iberoamericana de Psicoloxía Dixital, 4(2), 88–101. https://doi.org/10.9999/riapsid.2023.4.2.5
✍️ Citas no texto
REVISAR TAMÉN OS CRITERIOS DE CORRECCIÓN XERAIS
Criterios: Aptitude
Mínimo para o apto/a na tarefa:
· A ecuación de busca demostra que sabes escoller palabras chave e aplicar os operadores para relacionar os termos e obter resultados relevantes.
· A análise da relevancia e suficiencia de resultados demostra que comprendes estes conceptos e sabes reconducir unha busca.
· A captura de pantalla da alerta demostra que soubeches crear unha alerta nunha base de datos..
· A escolla dos 2 resultados demostra que sabes seleccionar adecuadamente a información atopada.
· O formato de entrega demostra que sabes converter un documento de Word en PDF.
Criterios: Aptitude
Mínimo para o apto na tarefa: O documento en PDF debe conter :
Criterios de avaliación: Aptitude
Mínimo para o apto na tarefa:
· A persoa logueouse en Iacobus.
· O formulario de solicitude cumprimentouse adecuadamente.
· A solicitude enviouse correctamente.
Este exercicio cualifícase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non Apto/a).
Os requisitos mínimos para acadar o Apto/a son:
Entregar as respostas ás dúas tarefas da actividade
Entregar capturas de pantalla de Iacobus e Refworks nas que se aprecie o nome da/o alumna/o
Na captura de Refworks debe haber 5 referencias
Ademais, non esquezas que as capturas deben estar ben recortadas e que o documento a entregar debe estar en formato PDF e nomeado da maneira que se especifica no enunciado da tarefa.
Este exercicio cualifícase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non Apto/a).
Os requisitos mínimos para acadar o Apto/a son:
O enlace permite ver e editar o documento
Na captura se aprecia o nome da persoa que realiza a tarefa.
No enunciado lembrámoslles que as capturas deben estar ben recortadas, pero non é un requisito para o apto, nin é necesario requirirlles que o corrixan.
O estudantado pode enviar o enlace e o arquivo, ou só o enlace, e daremos por válidas ambas opcións.
Esta tarefa avalíase en termos de APTITUDE (Apto/a ou Non Apto/a).
Para acadar o Apto/a cómpre:
A tarefa avalíase en termos de Apto/a e Non apto/a.
Para acadar o apto/a cómpre que:
Ademais, lembra que o documento debe estar ben nomeado e en formato PDF.
