Ir ao contido principal

Manual CI : actualización curso 2025/2026

Tarefas de desenvolvementos dos cursos CI

APERTURA DO CURSO

  • A coordinación de cada nivel fará visible a aula o mesmo día que comeza a formación: Axustes / Xeral / Visibilidade do curso / Amosar.

Amosar curso Moodle

 

GUÍA DE TRABALLO DO ALUMNADO

Este documento vai marcar o ritmo de desenvolvemento do curso, xa que contén unha programación recomendada de seguimento dos módulos e actividades.

A partir do 24/25 a guía é común a todos os centros (mesmas datas e actividades) e será a coordinación quen se encargue de programar as datas e as mensaxes no Foro de novas.

Para saber máis sobre a finalidade e elaboración deste documento ver o Manual CI da BUSC.

FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN CO ALUMNADO

Para o curso 2025/2026 empregaremos as seguintes ferramentas de comunicacións:

  • O Foro de novas.
  • O Foro de dúbidas e suxestións.
  • Caixa de correo biblioteca.xxx.servizos@usc.gal
  • Tamén poderemos empregar a mensaxería de Moodle para comunicarnos co alumnado cando corrixamos actividades

Ver apartado Ferramentas de comunicación.

 

 

CRITERIOS DE CORRECCIÓN