Ir ao contido principal

Citar en estilo APA

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo APA

Exemplos máis comúns

Libro impreso

Estrutura

Apelido(s), N. (ano). Título do libro en cursiva. Nome da editorial.

Referencia

Rodríguez Gómez, P. (2015). Tempo de reflexión. Editorial Unicornio.

Cita no texto

  • Cita entre paréntese:  (Rodríguez Gómez, 2015)
  • Cita narrativa: Rodríguez Gómez (2015)

(APA, 2021, punto 10.2)


Libro electrónico

Estrutura

Apelido(s), N. (ano). Título do libro en cursiva. Nome da editorial. https://doi ou URL

Referencia

Arelas, S., Cerezo, P., & Rodríguez, A. (2018). A raíz dos soños. Editorial Xerel. https://xerel.gal/id1-9541

Cita no texto

  • Cita entre paréntese:  (Arelas et al., 2018)
  • Cita narrativa: Arelas et al. (2018)

(APA, 2021, punto 10.2)

Capítulo de libro impreso

Estrutura

Apelido(s), N. (ano). Título do capítulo do libro. En Editor/a (Ed/s.), Título do libro en cursiva (Edición, Volume, Páxina/s). Nome Editorial.

Referencia

González, M. (2003). A produción literaria no século XIX. En B. Moreno (Ed.), Literatura: estudo e análise (3ª ed., Vol. 2, pp. 59-77). Trea.

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (González, 2003)
  • Cita narrativa: González (2003)

(APA, 2021, punto 10.3)


Capítulo de libro electrónico

Estrutura

Apelido(s), N. (ano). Título do capítulo do libro. En Editor/a (Ed/s.), Título do libro en cursiva (Edición, Volume, Páxina/s). Nome Editorial. https://doi ou URL

Referencia

González, M. (2003). A produción literaria no século XIX. En B. Moreno (Ed.), Literatura: estudo e análise (pp. 59-77). https://doi.org/10.396/46-20

Cita no texto

  • Cita entre parénteses: (González, 2003)
  • Cita narrativa: González (2003)

(APA, 2021, punto 10.3)

Artigo de revista impresa

Estrutura

Apelido(s), N. (data). Título do artigo. Título da revista en cursiva, Volume en cursiva(Número), Páxina/s.

Referencia

González, M., & Iglesias, S. (2003). A ciencia aberta nas bibliotecas. Bibliometría, 468(5), 1305-1309.

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (González & Iglesias, 2003)
  • Cita narrativa: González e Iglesias (2003)

(APA, 2021, punto 10.1)


Artigo de revista electrónica

Estrutura

Apelido(s), N. (data). Título do artigo. Título da revista en cursiva, Volume en cursiva(Número), Páxina/s. https://doi ou URL

Referencia

González, M., & Iglesias, S. (2003, 23 de febreiro). A ciencia aberta nas bibliotecas. Bibliometría, 468(5), 30-39. https://doi.org/10.16/2016-7

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (González & Iglesias, 2003)
  • Cita narrativa: González e Iglesias (2003)

(APA, 2021, punto 10.1)

Outros exemplos

Páxinas web

Estrutura

Apelido(s), N. (data). Título do documento en cursiva. Nome do sitio web. https://URL

Referencia

González, M. (2013). Aprendizaxe. Universidade de Santiago de Compostela. https://www.usc.es/aprendizaxe_invisible/temas_educacion.pdf

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (González, 2013)
  • Cita narrativa: González (2013)

Referencia con data de recuperación

González, M. (s.d.). Aprendizaxe en liña. Recuperado o 12 de marzo de 2024, de https://www.usc.es/aprend/educacion.pdf

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (González, s.d.)
  • Cita narrativa: González (s.d.)

(APA, 2021, punto 10.16)

Redes sociais

Estrutura

Nome da persoa ou grupo [@usuario/a]. (s.d. ou ano, día de mes). Contido da publicación en cursiva limitado ás primeiras vinte palabras. [Descrición audiovisual]. Rede Social. https://URL

Referencia

Museo das Pedras [@museodaspedras]. (2020, 5 de maio). As portas do @Museodaspedras abren para que os seus obxectos nos falen do noso pasado e nos axuden a entender. [Fotografías]. Instagram. https://www.instagram.com/p/B_0cxAJp25L/

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (Museo das Pedras, 2020)
  • Cita narrativa: Museo das Pedras (2020)

Referencia con data de recuperación

Museo das Pedras [@museodaspedras]. (s.d.). As portas do @Museodaspedras abren para que os seus obxectos nos falen do noso pasado e nos axuden a entender. [Fotografías]. Instagram. Recuperado o 16 de abril de 2024, de https://www.instagram.com/p/B_0cxAJp25L/

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (Museo das Pedras, s.d.)
  • Cita narrativa: Museo das Pedras (s.d.)

(APA, 2021, punto 10.15)

Entrada nun dicionario

Estrutura

Autoría. (Data). Entrada. En Título en cursiva. Recuperado o día de mes de ano, de https://

Referencia

Real Academia Española. (s.d.). Cultura. En Diccionario de la lengua española. Recuperado o 10 de febreiro de 2019, de https://dle.rae.es/cultura?m=form

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (Real Academia Española, s.d.)
  • Cita narrativa: Real Academia Española (s.d.)

(APA, 2021, punto 10.3)

Traballos académicos

Estrutura

Apelido(s), N. (Ano). Título do traballo en cursiva [TFG, TFM ou tese de doutoramento, Nome da institución que concede o título]. Nome da base de datos ou do arquivo. https://URL ou DOI

Referencia

Pinto, L. (2017). Arquivos municipais, desenvolvemento dun arquivo temático no Concello de Aldán [Tese de doutoramento, Universidade de Vigo]. Repositorio institucional Investigo. https://arquivos.repositorio.edu.es/article_informacion_documentacion

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (Pinto, 2017)
  • Cita narrativa: Pinto (2017)

(APA, 2021, punto 10.6)

Conxunto de datos

Estrutura

Apelido(s), N. (Ano). Título en cursiva [Conxunto de datos]. Editor/a ou fonte do dataset. https://URL o DOI

Referencia

Fernández Durán, E., & Reyes Boente, M. (2020). Estudo comparado do estrés no estudantado bolseiro fronte ao non bolseiro [Conxunto de datos]. Repositorio Académico UPC. https://hdl.handle.net/10757/620902

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (Fernández Durán & Reyes Boente, 2020)
  • Cita narrativa: Fernández Durán e Reyes Boente (2020)

(APA, 2021, punto 10.9)

Intelixencia artificial

As ferramentas de Intelixencia artificial xenerativa (IA xenerativa) son cada vez máis usadas no contexto académico e investigador. O Comité de Ética nas Publicacións (COPE, Commitee on Publication Ethics), organismo centrado en promover prácticas éticas nas publicacións científicas, difundiu as seguintes consideracións a ter en conta: 

  • As ferramentas de IA non poden constar como autoras dun artigo. Non poden asumir a responsabilidade do traballo, nin declarar a existencia de conflitos de interese ou xestionar acordos de dereitos de autoría e licenzas.   
  • As/os autoras/es que utilicen ferramentas de IA na redacción dun manuscrito, na produción de imaxes ou elementos gráficos, ou na recompilación e análise de datos, deben actuar con transparencia e reflectilo na sección de “Materiais e métodos” ou similar. Indicarase a ferramenta escollida e como se empregou.
  • As/os autoras/es son completamente responsables do contido do manuscrito, incluídas as partes que unha ferramenta de intelixencia produza. Isto esténdese a calquera inexactitude, falsidade ou incumprimento ético na publicación.

(Commitee on Publication Ethics [COPE], 2024)

 

Naqueles casos en que sexa necesario citar o seu uso, os elementos a ter en conta son:

Estrutura

Autoría do modelo. (ano). Nome do modelo en cursiva (versión) [Descrición do modelo]. https://URL

Referencia

OpenAI. (2023). ChatGPT (versión do 14 de marzo). [Modelo de linguaxe de grande escala]. https://chat.openai.com/chat

Cita no texto

  • Cita entre paréntese: (OpenAI, 2023)
  • Cita narrativa: OpenAI (2023)

(McAdoo, 2024)

 

No apartado ExerCITA! desta guía, e nas guías dos estilos de citación da BUSC atoparás as recomendacións sobre como citar a IA en cada estilo.

Lexislación

As Normas APA non inclúen pautas específicas para citar e facer referencia a leis, tratados ou decisións xudiciais españolas e/ou europeas. Isto débese a que as referencias legais da APA están enfocadas á lexislación e xurisprudencia dos Estados Unidos.

(APA, 2021, punto 11)

Por esta razón debe consultarse sempre co profesorado antes de citar e referenciar este tipo de fontes nos nosos traballos académicos.

Como exemplos nesta guía preséntanse dúas propostas, unha elaborada  pola  Universidad  Complutense  de  Madrid  (2023) [Proposta 1] e outra elaborada por Manuel Ruiz de Luzuriaga Peña (2020) [Proposta 2]. Debemos elixir unha das dúas opcións e seguila sempre para manter a uniformidade ao citar e referenciar lexislación.


Proposta 1

 

Lexislación española

 

Estrutura

Tipo de normativa Número/Ano, de "data de aprobación", título da normativa. Boletín Oficial do Estado [en cursiva], Número en cursiva, de "data de publicación". Permalink ELI (European Legislation Identifier).

Referencia
Real Decreto 3484/2000, de 29 de diciembre, por el que se establecen las normas de higiene para la elaboración, distribución y comercio de comidas preparadas. Boletín Oficial del Estado, 11, de 12 de enero de 2001.https://www.boe.es/eli/es/rd/2000/12/29/3484/con
 

 

Nota: Sempre que sexa posible, Permalink ELI debe levar á lexislación consolidada

 

Lexislación europea

 

Estrutura

Tipo de normativa Número/Ano (desde 2015 Ano/Número), de "data de aprobación", título da normativa. Diario Oficial da Unión Europea [en cursiva], Número en cursiva, de "data de publicación". Permalink ELI (European Legislation Identifier).

 

Referencia
Reglamento (CE) 2073/2005 de la Comisión, de 15 de noviembre de 2005, relativo a los criterios microbiológicos aplicables a los productos alimenticios. Diario Oficial de la Unión Europea, L338,  de 22 de diciembre de 2005. http://data.europa.eu/eli/reg/2005/2073/oj
 
Reglamento (UE) 2017/625 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 15 de marzo de 2017, relativo a los controles y otras actividades oficiales realizados para garantizar la aplicación de la legislación sobre alimentos y piensos, y de las normas sobre salud y bienestar de los animales, sanidad vegetal y productos fitosanitarios. Diario Oficial de la Unión Europea, L95, de 7 de abril de 2017. http://data.europa.eu/eli/reg/2017/625/oj

Proposta 2

 

Leis

 

Estrutura

Ámbito territorial, institución. (Data). Nome da lei (número de control) [o número de control é opcional]. Boletín [en cursiva], data [esquema día-mes-ano], número, páxinas. Permalink ELI (European Legislation Identifier).

Referencia
España, Cortes Generales. (2018). Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales (RCL 2018/1629). Boletín Oficial del Estado, 294, 119788-119857. https://www.boe.es/eli/es/lo/2018/12/05/3

Cita no texto
  • (España, Cortes Generales, 2018)

 

Decretos

 

Estrutura

Ámbito territorial, institución. (Data). Nome da lei (número de control) [o número de control é opcional]. Boletín [en cursiva], data [esquema día-mes-ano], número, páxinas. Permalink ELI (European Legislation Identifier).

 

Referencia
España, Ministerio de Industria, Energía y Turismo. (2014). Real Decreto 337/2014, de 9 de mayo, por el que se aprueban el Reglamento sobre condiciones técnicas y garantías de seguridad en instalaciones eléctricas de alta tensión y sus Instrucciones Técnicas Complementarias ITC-RAT 01 a23 (RCL 2014\803). Boletín Oficial del Estado, 9-6-2014, 139, 43598-43628. https://www.boe.es/eli/es/rd/2014/05/09/337/con
 

Cita no texto
  • (España, Ministerio de Industria, Energía y Turismo, 2014)

 

Lexislación europea

 
Estrutura

Ámbito territorial, institución. (Data). Nome da lei (número de control) [o número de control é opcional]. Boletín [en cursiva], data [esquema día-mes-ano], número, páxinas. Permalink ELI (European Legislation Identifier)

 

Referencia
Unión Europea, Parlamento y Europa, Consejo. (2016). Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (LCEur2016\605). Diario Oficial de la Unión Europea, 4-5-2016, L 119, 1-88. http://data.europa.eu/eli/reg/2016/679/oj
Cita no texto
  • (Europa, Parlamento e Europa, Consejo)