Ir ao contido principal

Citar en estilo APA

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo APA

Citas indirectas

As citas indirectas non se encerran entre comiñas. Este tipo de citas tamén se coñece como citas parafraseadas, xa que recollen as ideas dunha fonte nunha nova redacción creada pola persoa autora do traballo. A APA considera máis axeitado parafrasear que citar directamente as fontes.

Podemos citar o texto parafraseado empregando o formato narrativo ou parentético.

Aínda que non é necesario proporcionar o número de páxina ou de parágrafo nas citas parafraseadas, pódese incluír ao lado do/a autor/a cando axude a localizar a pasaxe no texto fonte.

Unha paráfrase pode continuar durante varias oracións. Nestes casos, cita a obra parafraseada na primeira mención. Non é preciso volver citar a obra, sempre que se sobreentenda que se segue parafraseando a mesma obra.

(APA , 2021, puntos 8.23 a 8.25)

Cita indirecta parentética

Os entornos virtuais aplicados á aprendizaxe ofrecen novas ferramentas para a adquisición de coñecementos (Gómez, 2013).

Cita indirecta narrativa

Gómez (2013) sinala que os entornos virtuais aplicados á aprendizaxe ofrecen novas ferramentas para a adquisición de coñecementos.

(APA, 2021, punto 8.23)