A listaxe de referencias recolle, ordenadamente, os documentos que se empregaron para facer un traballo académico e que se citan textualmente no mesmo.
A bibliografía inclúe outras fontes de información que se consultaron para o traballo (dicionarios, enciclopedias, apuntamentos...) pero que non forman parte do seu contido, pois non se citaron nin directa nin indirectamente.
APA recomenda facer listaxes de referencias e non bibliografía.
(APA, 2021, punto 9)
Unha referencia debe conter todos os elementos necesarios para localizar de maneira efectiva a fonte. A estrutura da referencia variará segundo as características de cada documento fonte. Esta estrutura debe responder a estes elementos básicos: quen (autoría), cando (data asociada ao documento), que (o título do que se referencia, que pode ser unha parte ou un todo) e onde (lugar onde localizar de maneira precisa o texto da fonte referenciada).
Quen | Cando | Que | Onde | |
---|---|---|---|---|
Autor/Autora/Autores | (Ano/data) | Título de libro | Editorial | DOI / URL |
Editor/Editora/Editores | (Ano/data) | Capítulo de libro | Título do libro (pp. -) | DOI / URL |
Autoría grupal | (Ano/data) | Título de artigo | Nome da revista, volume(número), páxina_inicio-páxina_fin | DOI / URL |
Comeza a listaxe de referencias nunha nova páxina, despois do texto e antes das táboas, figuras e/ou apéndices.
Nomea a listaxe de referencias co título Referencias en grosas e centrado.
Pon todas as entradas da listaxe de referencias a dobre espazo (dentro da mesma referencia, pero tamén entre elas).
Usa sangría colgante ou francesa para todas as referencias.
(APA, 2021, punto 9.43)
A orde das obras na listaxe de referencias é alfabética. As entradas encabézanse polo(s) apelido(s) do/a primeiro/a autor/a seguido das iniciais do seu nome.
Usa punto despois de cada elemento de referencia; é dicir, despois do nome da persoa autora, da data e do título.
Pola contra, non poñas punto despois dun DOI ou URL porque pode interferir coa funcionalidade da ligazón.
Cando un libro/artigo estea nun idioma diferente ao do teu traballo, inclúe na referencia bibliográfica unha tradución do título entre corchetes, xusto despois do título orixinal:
Nebot Vila, L. Viatges i contes [Viaxes e contos]. Editorial Amat
(APA, 2021, puntos 2.12, 9.5, 10.1 e 10.2)
Recuperado o 18 de novembro de 2023, de https://xxxxx
(APA, 2021, puntos 9.13 e 9.16)
Que podemos citar unha parte específica da fonte de información (capítulos, páxinas, táboas, diapositivas...), pero na listaxe de referencias debemos incluír toda a obra:
(Preciado López, 2015, pp. 3-17)
Preciado López, L. (2015). A función dos bosques. Revista Espazo Natura, 79(8), 3-17.