Hai moitos e variados estilos ou normas de citación e referencia.
Algúns proceden dunha institución internacional que elabora un modelo de cita e referencia para as súas publicacións ou as dun determinado campo de coñecemento. Imos ver que estilos podemos atopar:
- Estilo APA, desenvolvido pola American Psychological Association (APA). Este estilo emprégase fundamentalmente no campo da psicoloxía, ciencias sociais e humanidades.
- Estilo MLA (Modern Language Association), empregado en lingüística e filoloxía.
- Estilo Vancouver, moi empregado en publicacións de medicina e biomedicina. Este estilo desenvolveuno o International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE).
- Estilo IEEE, desenvolvido polo Institute of Electrical and Electronics Engineers para as súas revistas. Tamén se emprega noutras publicacións de enxeñaría.
- Estilo Chicago e Estilo Harvard, son estilos creados polas prestixiosas universidades que levan o seu nome para que os seus alumnos e profesores empregaran a normativa elaborada pola propia universidade.
- Norma AENOR 2013 e ISO 210, que marcan as pautas para a cita e referencia de documentos impresos e electrónicos. Estas non se consideran un estilos en si mesmos, sen embargo serven de base para un gran número de estilos que levan o apelido ISO 690.