Ir ao contido principal

Citar en estilo APA

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo APA

Número de autores/as

O formato da citación de persoas autoras varía segundo o seu número:

  • Para unha obra con unha ou dúas persoas autoras, sinala o nome da(s) persoa(s) autora(s) en cada citación.
  • Para unha obra con tres ou máis persoas autoras, sinala o nome da primeira persoa autora e engade a lenda “et al.” en cada citación. No caso que que esto cree ambigüidade, engade tantos nomes como sexan necesarios para distinguir as citas antes da lenda “et al.”.

Nas citas parentéticas emprégase ampersand (&) entre os nomes dos/as autores/as (obras con dous/dúas autores/as ou obras nas que sexa preciso incluír tódolos nomes para evitar ambigüidades).

Nas citas narrativas emprégase “e”, “y”, “i”... segundo proceda polo idioma do traballo.

(López & Salgado, 2020)
López e Salgado (2020) xa advertiron...
TIPO DE AUTOR/A CITA PARENTÉTICA CITA NARRATIVA
Un autor/a (Luna, 2020) Luna (2020)
Dous autores/as (Salas & Castro, 2020) Salas e Castro (2020)
Tres ou máis autores/as (Romero et al., 2020) Romero et al. (2020)
Autor grupal - 1ª cita (Universidade de Santiago de Compostela [USC], 2020) Universidade de Santiago de Compostela (USC, 2020)
Autor grupal - citas subseguintes (USC, 2020) USC (2020)
Autor grupal sen abreviatura (Concello de Lugo, 2020) Concello de Lugo (2020)

Transcrición da autoría

  • Escribe o apelido da persoa autora exactamente como aparece na obra publicada, incluíndo os apelidos con guión (p. ex., Pérez-Santos) e os apelidos en dúas partes (p. ex., García Durán).
  • Conserva as maiúsculas preferidas pola persoa autora (p. ex., hooks, b. para a autora bell hooks), tanto na listaxe de referencias como na cita dentro do texto.
  • Evita ambigüidades ao abreviar a listaxe de autorías cando varias obras teñan a(s) mesma(s) persoa(s) autora(s) e a mesma data, e cando varios primeiros autor(es) ou autora(s) compartan o mesmo apelido.
Macías, C. A., Mendoza-Guerrero, J., & Gutiérrez-López, C. (2019).

Macías, C. A., & Rodríguez-Saavedra, C. (2019).

(APA, 2021, punto 9.9)

Autoría grupal

Para autorías grupais con acrónimo non é obrigatorio abreviar o nome dun grupo, pero pode facerse se a abreviatura é suficientemente coñecida, se axuda a evitar repeticións ou se a cita aparece, polo menos, tres veces no traballo.

Como no caso doutras abreviaturas, indica o nome completo do grupo na primeira mención no texto, seguido da abreviatura.

  • Se o nome do grupo aparece por primeira vez nunha citación narrativa, inclúe a abreviatura antes do ano, entre parénteses, separada por unha coma:
Universidade de Santiago de Compostela (USC, 2019)
  • Se o nome do grupo aparece primeiro nunha citación parentética, inclúe a abreviatura entre corchetes, seguida dunha coma e do ano:
(Universidade de Santiago de Compostela [USC], 2019)

Na listaxe de referencias, non abrevies o nome da autoría grupal. Escribe o nome completo do grupo tal e como se presenta na fonte.


(APA, 2021, punto 8.21)

Orde na lista de referencias

  • A orde das obras na listaxe de referencias é alfabética. As entradas encabézanse polo(s) apelido(s)do/a primeiro/a autor/a seguido das iniciais do seu nome.
  • As referencias cos mesmos/as autores/as ordénanse polo ano de publicación, co máis antigo en primeiro lugar (igual que coas entradas dunha soa persoa autora)
Hernández, R., Fernández, C., & Robledo, M. (2010).
Hernández, R., Fernández, C., & Robledo, M. (2014).

 

  • Para diferenciar referencias coa mesma persoa autora e a mesma data de publicación, hai que poñer unha letra minúscula despois do ano, tanto na citación no texto como na entrada da listaxe de referencias:
López, J. (Ed.). (2014a). Dicionario enciclopédico das mulleres galegas A-G. Editorial Ollomol.
López, J. (Ed.). (2014b). Dicionario enciclopédico das mulleres galegas H-Z. Editorial Ollomol.

 

  • As referencias co/a mesmo/a autor/a e coa mesma data de publicación ordénanse alfabeticamente polo título (sen ter en conta os artigos un, unha, o, a)
López, J. (2014a). Escrita mecanizada. Editorial Sapoconcho.
López, J. (2014b). A redacción en secundaria. Editorial Ollomol.

Obras sen autoría identificada

Unha obra é considerada sen autoría cando non se pode determinar a persoa autora ou esta é descoñecida.

No caso de que o traballo se asine como anónimo, a entrada comeza coa palabra “Anónimo”, e organízase de xeito alfabético como se fora o nome dun autor ou dunha autora.

Anónimo. (2015). Periodismo e socioloxía. Editorial Vagalume.

(APA, 2021, punto 9.12)

No caso de que o traballo non se asine como anónimo, ordénase alfabeticamente pola primeira palabra significativa do título

A educación como ferramenta de cambio. (2015). Editorial Minúscula.

(APA, 2021, punto 9.49)

 

Separación e indicadores de función

Para separar os/as autores/as (ata 20) empregamos comas (incluso antes do ampersand que enumera á última persoa citada). Se temos 21 ou máis autores/as, anotaremos os/as 19 primeiros/as, engadiremos puntos suspensivos, e poñeremos o/a último/a autor/a (neste caso non temos que usar ampersand).

Acosta, M., Arena, M., Asorey, D., Blanco, A., Gómez, L., Carrasco Cabrera, L., Cruz, E., Dávila, C., Díaz, L.,Duarte, A., Durán, D., Esmorís, F., Fernández-Prieto, C., Fernández-Doval, M., Formoso, G., Ibarra, A., López-Acal, F., Miranda, R., Roca, S.,… Villares, L. (2021). O ensino nas marxes. Revista de Socioloxía, 77(3), 425-431.

 

As persoas que desempeñan funcións distintas ás de autor/a deben ser identificadas coa función que lles corresponda (editor/a, coordinador/a, director/a...)

  • Pérez, A. (Ed.)
  • Vázquez, C., & Dávila, M. (Coords.)

 

(APA, 2021, punto 9.8, 9.10)