Ir ao contido principal

Citar en estilo APA

Guía descritiva das recomendacións para a elaboración de citas e referencias bibliográficas en estilo APA

Citas secundarias

As citas secundarias son aquelas que recollen á súa vez outra cita. Fan referencia a unha fonte orixinal á que non se accede directamente, senón a través da información recollida como cita nunha segunda fonte. O manual da APA recomenda non abusar deste tipo de citas e invita a consultar sempre a fonte orixinal, citándoa de maneira directa.

En caso de non poder consultar a fonte orixinal, no texto citaremos a fonte primaria seguida da lenda “como se cita en” e os datos da fonte secundaria:

(Ramos, 1998, como se cita en Lorenzo et al., 2016)

(APA, 2021, punto 8.6)

Citas secundarias textuais

Cita textual entre parénteses

"Superar as barreiras que impoñen os saberes disciplinarios fragmentados, as prácticas profesionais corporativas, os modelos tecnolóxicos e descendentes ou as rupturas excluíntes da teoría e a práctica son algunhas das vías nas que deberá profundarse no futuro” (Caride, 2017, como se cita en Merino et al., 2022, p.10).

Cita textual narrativa

Para Caride (2017, como se cita en Merino et al., 2022), “superar as barreiras que impoñen os saberes disciplinarios fragmentados, as prácticas profesionais corporativas, os modelos tecnolóxicos e descendentes ou as rupturas excluíntes da teoría e a práctica son algunhas das vías nas que deberá profundarse no futuro” (p.10).

Información na listaxe de referencias

Merino, H., Garrido, E., Castelo, S., Tabares, M., Novoa E., & Gómez, A. (2022). Metodoloxía da aprendizaxe: novos enfoques (2ª ed.). Edicións Ollomol.

Citas secundarias parafraseadas

Cita parafraseada entre parénteses

A análise minuciosa dos datos de investigación é un elemento moi importante á hora de procesar a información. Unha mala xestión desta tarefa pode desvirtuar os resultados do estudo e devolver respostas pouco veraces (Pozo, 2019, como se cita en Tolosa et al., 2022).

Cita parafraseada narrativa

Segundo Pozo (2019, como se cita en Tolosa et al., 2022) é fundamental analizar con pulcritude os datos de investigación para obter resultados veraces.

Información na listaxe de referencias

Tolosa, R., Pérez-Pintos, R., Adánez García, L., & Lorenzo-Rojas, T. (2022). Os datos de investigación e a súa análise. Editorial Colibrí. https://dato_investigacion%2569_colibri.pdf