| Servizos | 2019 | 2019 | 2020 | 2020 |
|---|---|---|---|---|
| Nenos | Nenas | Nenos | Nenas | |
| Comedor | 25 | 55 | 30 | 35 |
| Deporte | 35 | 20 | 32 | 28 |
| Idioma | 15 | 55 | 60 | 35 |
| Estudo | 20 | 51 | 45 | 55 |
Nota. De “A importancia da escolaridade no ámbito rural”, por M. García e J. Martínez, 2023.
As táboas e figuras permiten presentar unha gran cantidade de información dun xeito claro e eficiente. O propósito principal de calquera táboa ou figura é facilitar a comprensión da obra. Por esta razón as táboas e figuras non deben empregarse como elementos decorativos do texto.
Numera todas as táboas/figuras que forman parte do texto principal, empregando números arábigos.
Asigna os números na orde en que cada táboa/figura se menciona por vez primeira no texto.
No texto, fai referencia a cada táboa/figura polo seu número correspondente, denominado chamada. Cando fagas a chamada dunha táboa ou figura, indica tamén o que se debe buscar nesa táboa ou figura:
Como se mostra na Táboa 1, as características...
A Figura 3 mostra os resultados das probas...
Nas táboas e figuras empregaremos ampersand (&) sempre, tanto nas citas parentéticas como nas narrativas.
(APA, 2021, puntos 7.5, 7.10, 7.24 e 8.17)
Temos dúas opcións para colocar as táboas e figuras nun traballo de investigación:
(APA, 2021, punto 7.6)
Emprega unha atribución de dereitos de autoría, e non unha cita no texto, para as táboas e/ou figuras reimpresas ou adaptadas.
As atribucións de dereitos van ao final da nota xeral que acompaña á táboa ou figura. A nota xeral desígnase coa palabra Nota (en cursiva) seguida dun punto.
(APA, 2021, puntos 7.14, 7.30 e 12.18)
Se reimprimes ou adaptas unha táboa ou figura doutra fonte, debes incluír unha atribución de dereitos de autoría na nota da táboa ou figura, indicando a orixe do material reimpreso ou adaptado.
Lembra incluír unha entrada na listaxe de referencias da obra da que adaptas ou reimprimes unha táboa ou figura.
No caso de que teñas que obter autorización da persoa titular dos dereitos de autoría, fai constar esta circunstancia na nota da táboa ou figura. Por exemplo: Reimpreso con permiso.
No caso de que empregues táboas ou figuras en dominio público, fai constar esta circunstancia na nota da táboa ou figura: De dominio público.
(APA, 2021, punto 7.7 e figuras 7.14 e 7.21)
Número: Vai enriba da táboa, en grosa.
Título: Ponse debaixo do número da táboa, nunha liña a dobre espazo e en cursivas.
Encabezamentos: Todas as táboas deben incluír encabezamentos de columna, incluíndo un encabezamento esquerdo.
Corpo: Inclúe todas as filas e columnas. O corpo pode estar a un só espazo, a un espazo e medio ou a dobre espazo.
Notas: Debaixo da táboa poden aparecen tres tipos de notas (xerais, específicas e de probabilidade), segundo sexa necesario para describir o contido da táboa. Non todas as táboas inclúen “Notas”.
(APA, 2021, punto 7.9)
(APA, 2021, punto 7.17)
| Servizos | 2019 | 2019 | 2020 | 2020 |
|---|---|---|---|---|
| Nenos | Nenas | Nenos | Nenas | |
| Comedor | 25 | 55 | 30 | 35 |
| Deporte | 35 | 20 | 32 | 28 |
| Idioma | 15 | 55 | 60 | 35 |
| Estudo | 20 | 51 | 45 | 55 |
Nota. De “A importancia da escolaridade no ámbito rural”, por M. García e J. Martínez, 2023.
No exemplo superior aparece unha nota xeral que complementa ou aclara algunha información do corpo da táboa (hai que incluíla sempre que se considere necesario) e tamén recolle a atribución dos dereitos de autoría (permite recoñecer se a táboa foi citada, adaptada ou é de elaboración propia).
Referencia correspondente na listaxe de referencias:
García, M., & Martínez, J. (2023). A importancia da escolaridade no ámbito rural. Sementar, 35(2), 1-5.
Poden empregarse moitos tipos de figuras para presentar os datos: gráficas, diagramas, debuxos, mapas, fotografías, etc.
As figuras que conteñan imaxe deben gardarse cunha resolución suficiente para permitir unha reimpresión ou visualización claras.
(APA, 2021, punto 7.36)
Número: Vai enriba da figura, en grosa.
Título: Ponse debaixo do número da figura, nunha liña a dobre espazo e en cursivas.
Imaxe: A imaxe da figura é a propia gráfica, debuxo, diagrama, mapa, fotografía ou outra ilustración.
Lenda: Se hai lenda, debe colocarse dentro dos límites da figura e debe explicar os símbolos empregados na imaxe da figura.
Notas: Debaixo da figura poden aparecen tres tipos de notas (xerais, específicas e de probabilidade), segundo sexa necesario para describir o contido da táboa. Non todas as figuras inclúen “Notas”.
(APA, 2021, puntos 7.23)

Vázquez Suárez, J.M. (2022). Mi familia y otros animales [Fotografía]. https://www.vazquezphoto.gal/colllection/photo/2022/444
