Ir ao contido principal

Citas e referencias bibliográficas

Estilos

Para citar e redactar as referencias bibliográficas en traballos académicos existen moitos manuais de estilo que establecen certas normas de uso, coa finalidade de uniformar as citas, referencias e bibliografía, de xeito que sexa máis doado para a persoa lectora identificar e localizar a información utilizada.

Estes son os estilos máis comunmente utilizados:

  • ISO 690  (Xenérica)
  • APA (Ciencias sociais)
  • Vancouver (Ciencias biomédicas)
  • MLA (Filoloxía)
  • IEEE (Enxeñarías, Tecnoloxías)
  • Harvard (Bioloxía, Ciencias naturais, Ciencias sociais)

Optar por un ou outro é unha decisión importante e para tomala debemos ter en conta :

  1. disciplina científica obxecto da investigación, e
  2. as prescricións establecidas pola institución, entidade, revista onde se estuda, fai o traballo ou se publicará a obra.

As diferenzas entre un e outro estilo consisten, fundamentalmente, en:

  • o uso de MAIÚSCULAS ou minúsculas na mención de autoría,
  • a posición do ano de publicación,
  • a puntuación e o uso de comiñas no título,
  • a inclusión ou non da data de publicación.

En todo caso, no traballo debe mencionarse o estilo escollido e manter sempre a coherencia.

Exemplos de construción da referencia bibliográfica dun artigo de revista:

Estilo ISO:
VILLARES PAZ, Ramón. “Variacións sobre a “Gallaecia” e a fronteira do Miño”. Grial : revista galega de cultura, vol. 53, n. 206 (2015), p. 12-19. ISSN 0017-4181

Estilo MLA:
Villares Paz, Ramón. “Variacións sobre a “Gallaecia” e a fronteira do Miño”. Grial : revista galega de cultura 53/206 (2015) : 12-19.

​Estilo APA:
Villares Paz, R. (2015). Variacións sobre a “Gallaecia" e a fronteira do Miño. Grial : revista galega de cultura, 53(206), 12-19.

 

Estilos segundo a disciplina

A BUSC ofrece guías de elaboración propia para os estilos máis usados nas distintas disciplinas:

ISO 690 Multidisciplinar
APA Ciencias Sociais
Vancouver Ciencias Biomédicas
MLA Lingüística, Filoloxía, Humanidades
IEEE Enxeñaría, Tecnoloxía
Harvard Ciencias Naturais e Ciencias Sociais