Ir ao contido principal

Citas e referencias bibliográficas

Que son?

Son ferramentas informáticas que permiten crearmanterorganizarcompartir dar forma ás referencias bibliográficas de artigos de revista, libros ou outro tipo de documentos a partir de distintas fontes de información (bases de datos, revistas, páxinas web, etc.).

Igualmente crearán citas e bibliografías nos documentos de traballo cun formato normalizado (ISO 690, APA, MLA, Vancouver, etc.). 

RefWorks é a aplicación recomendada pola Biblioteca da USC, pero hai outras de software libreBibtex (xestiona bibliografías realizadas co software de edición de textos LaTeX), MendeleyZotero, etc.

Refworks

                RefWorks            - Guía práctica

________________________________________

                Login Refworks

O xerador referencias bibliográficas no catálogo Iacobus

O catálogo da biblioteca dispón dunha ferramenta para xerar referencias bibliográficas a partir do documento que estades a consultar. Para empregar esta funcionalidade unicamente hai que: 1) premer en «cita», 2) seleccionar o estándar de citación que queres empregar, 3) copiar ao portapapeis a cita xerada. 

IacobusCitas

** É preciso revisar as referencias elaboradas polo Xerador e asegurarse que seguen os modelos indicados en cada estilo de citas (estrutura, partes e puntuación).