As ferramentas de IA xenerativa son cada vez máis usadas no contexto académico e investigador. O Comité de Ética nas Publicacións (COPE, siglas en inglés de Committee on Publication Ethics), organismo centrado en promover prácticas éticas nas publicacións científicas, difundiu as seguintes consideracións a ter en conta:
Para citar as ferramentas IA nos estilos nos que non está especificado seguiremos, por norma xeral, a mesma lóxica que na citación dun software. En caso de ser necesario, incluirase un anexo coa copia da interacción coa ferramenta IA.
No caso de non utilizala, tamén se pode incorporar unha mención expresa neste sentido:
Durante a preparación deste traballo non se empregaron tecnoloxías de IA xenerativa nin tecnoloxías asistidas por IA.
No apartado ExerCITA! desta guía, e nas guías dos estilos de citación da BUSC, atoparás as recomendacións sobre como citar a IA en cada estilo.
