As referencias da bibliografía utilizadas para facer o traballo ordénanse alfabeticamente. Colócanse, normalmente, ao final do traballo, despois dos anexos.
Pero tamén podes numeralas e ligar as citas que fuches colocando ao longo do texto coas referencias bibliográficas. Pódelo facer de dous xeitos:
Cómpre ter en conta que cada estilo de citación pode conter a súa propia recomendación respecto de como ordenar as referencias na bibliografía final. (Ver Estilos segundo a disciplina)
Ordenamos as referencias bibliográficas por orde alfabética e dámoslles unha numeración consecutiva. As citas no texto terán así a numeración da referencia á que as queremos ligar. Poderán, por tanto, aparecer numeracións repetidas se citamos unha mesma referencia varias veces.
Exemplo:
Ademais desta diferenza básica cos sistemas naturais, o sistema agrario ten Outros (4):
….
“Estas diferenzas son máis evidentes para os sistemas agrícolas convencionais e non obstante non o son para a maioría dos sistemas agrícolas tradicionais que incorporan mecanismos de manexo de cultivos reciclado de materiais orgánicos, conservación de solos e auga e mantemento da biodiversidade de xeito semellante ós sistemas naturais que os rodean”. (4)
Tamén é imprescindible dicir que a investigación con agroecosistema, case por definición, ten que ser feita en finca de agricultores, xa que “é imposible duplicar nun campo experimental os solos, malezas, insectos e organismos do agroecosistema” (8).
En xeral un ciclo de nutrientes ideal debe caracterizarse pola presenza de nutrientes de xeito “dispoñible e sincronizada de acordo coas necesidades do cultivo, unha baixa cantidade de nutrientes de forma soluble en épocas de lixiviación e pola provisión biolóxica de nutrientes mediante a acción de organismos específicos como fixadores de N2 e micorrizas”. (4)
……….
4. Altieri, M . Manejo y diseño de sistemas agrícolas sustentables . Madrid : Ministerio de Agricultura, 1995
8. Hart, Robert D . Agroecosistemas, conceptos básicos . Turrialba (Costa Rica) : Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza, 1985
14. Ogum, Eugene P. Ecologia. México : Interamericana, 1972
A diferenza do sistema de numeración única, as distintas citas dun mesmo recurso reciben números diferentes, segundo a orde na que aparecen no texto. As referencias poden así ser de recursos citados anteriormente.
A bibliografia resultante aparece ordenada numericamente segundo a orde de aparición no texto das citas correspondentes (independentmente de se estas son do mesmo recurso ou non).
Exemplo:
Ademais desta diferenza básica cos sistemas naturais, o sistema agrario ten Outros (4)
….
“Estas diferenzas son máis evidentes para os sistemas agrícolas convencionais e non obstante non o son para a maioría dos sistemas agrícolas tradicionais que incorporan mecanismos de manexo de cultivos reciclado de materiais orgánicos, conservación de solos e auga e mantemento da biodiversidade de xeito semellante ós sistemas naturais que os rodean”. (5)
Tamén é imprescindible dicir que a investigación con agroecosistema, case por definición, ten que ser feita en finca de agricultores, xa que “é imposible duplicar nun campo experimental os solos, malezas, insectos e organismos do agroecosistema” (6).
En xeral un ciclo de nutrientes ideal debe caracterizarse pola presenza de nutrientes de xeito “dispoñible e sincronizada de acordo coas necesidades do cultivo, unha baixa cantidade de nutrientes de forma soluble en épocas de lixiviación e pola provisión biolóxica de nutrientes mediante a acción de organismos específicos como fixadores de N2 e micorrizas”. (7)
….
4. Ogum, Eugene P. Ecologia. México : Interamericana, 1972
5. Altieri, M . Manejo y diseño de sistemas agrícolas sustentables . Madrid : Ministerio de Agricultura, 1995
6. Hart, Robert D . Agroecosistemas, conceptos básicos . Turrialba (Costa Rica) : Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza, 1985
7. Altieri, M. Ref. 4