Ir ao contido principal

Google Académico-Perfil de investigador

Introdución

Google Académico é un buscador consolidado. Ademais de indizar unha gran cantidade e variedade de documentos de carácter científico, ofrece outros servizos de interese. Un deles é a recollida das diferentes versións dun documento nun único rexistro e ofrecer as citas recibidas. Outro dos servizos é a creación de perfís de autoría.

Só a través da creación dun perfil as persoas autoras poden facer un seguimento das citas recibidas e as métricas que Google Académico ofrece. Tendo en conta que Google Académico analiza artigos de revista, teses, libros, capítulos de libros e outros tipos de documentos que non son indizados por outros servizos de citación como Web of Science ou Scopus, convértese nunha fonte interesante para atopar citas.

Que é

Un perfil de autoría é un sistema de identificación e agrupamento de información mediante o cal aparecen nunha única páxina web:

  • Datos biográficos do/a autor/a: nome completo e información da súa vinculación institucional.
  • Información da súa área de investigación, expresada en forma de palabras chave, coautorías e afiliación.
  • As súas publicacións.
  • Un informe de citas que presenta unha análise bibliométrica do seu labor investigador, baseada nas citas recibidas.

exemplo de perfil en Google Académico

Por que é importante ter un perfil

Cando unha persoa autora ten creado un perfil e o establece como Público o seu nome aparece integrado no buscador. Así, ao facer unha busca en Google Académico, o seu nome aparece de xeito diferenciado como primeiro resultado da busca.

Tanto a persoa autora como a institución poden beneficiarse deste servizo:

Vantaxes para o persoal investigador

  • O perfil é xestionado totalmente pola persoa autora. Ademais é doado de empregar e de actualizar.
  • Permite a compilación de publicacións. Tamén daquelas que non foron indizadas nas fontes máis habituais como Scopus ou Web of Science.
  • Aumenta a visibilidade do/a investigador/a, fortalecendo a súa reputación dixital e promocionando as súas publicacións.
  • Facilita a recuperación de citas recibidas e permite establecer alertas de citas.
  • Permite xestionar a bibliografía, podendo exportala mediante ficheiros BibText a diferentes xestores bibliográficos como RefWorks, Mendeley, Zotero etc. ou incorporalas a perfís como ORCID.
  • Google Académico é unha fonte para sexenios en achegas e a nivel de medio.

Vantaxes para a universidade

  • Aumenta a visibilidade web da produción científica institucional.
  • Mellora o posicionamento en rankings.

busca e visualización dun perfil en Google Académico

Outros perfís e identificadores

Perfís e identificadores facilitan a identificación das persoas autoras, eliminan ou mitigan a posibilidade de erros na asignación de publicacións e favorecen a xestión da identidade dixital.

Entre os perfís máis completos: