Ir ao contido principal

Google Académico-Perfil de investigador

Métricas de autor/a

Só a través da creación dun perfil público as persoas autoras poden beneficiarse da información bibliométrica conxunta de todas as súas publicacións. Ademais, as métricas actualízanse automaticamente coa incorporación de cada contido novo.

Google Académico ofrece tres datos relativos á produción dun autor ou autora, divididos en dous períodos de tempo (global e últimos cinco anos):

  • Número total de citas recibidas.
  • Índice h:  indica que h publicaciones se citaron polo menos h veces.
  • Índice i10: indica as publicacións que foron citadas polo menos 10 veces.

Ofrece ademais  unha gráfica na que se visualiza a información das citas obtidas cada ano.

vista das citas dun perfil

Métricas de libros

Número de citas

Google Académico indexa libros e capítulos de libros, dos que ofrece información do número de citas recibidas.

O número de veces que un libro (ou un capítulo dun libro) foi citado suma no cómputo total da métrica do perfil, así como no cálculo doutros indicadores coma o índice h do/a autor/a.

número de citas recibida por contribución

Calidade editorial

Baseándose nos datos de Google Académico, o Grupo de Investigación EC3Metrics da Universidade de Granada publica Publisher Scholar Metrics.

Trátase dun índice bibliométrico que cobre o ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais.

Vén resolver, en parte, a escasa información bibliométrica que existe para a produción científica do profesorado do ámbito humanístico en España.

Pretende medir o impacto das editoriais de monografías científicas. Parte da análise de citas dos libros publicados polo profesorado das universidades públicas españolas.

sitio web de Publishers Scholar Metrics

Divídese en catro áreas. Ofrece información do número de libros máis citados por editorial, o número de citas que reciben os libros máis citados e un índice global que serve para crear un ranking das 100 editoriais máis citadas.

Recensións de libros

Como mención adicional á busca de indicios de calidade das publicacións científicas, sinalamos a opción de buscar  recensións (Reseñas) que ofrece Google Books (non Google Académico!). Tamén a opción “Referencias a este libro”. Esa información pode atoparse no lateral esquerdo, en Acerca de este libro.

recensións en Google Libros

Métricas de revistas

Google Scholar Metrics

Ademais da información bibliométrica relativa á autoría, Google Académico ofrece información das revistas que indexa e que analiza. Dáse o caso de que poden ser revistas que non estean en Scopus nin na Web of Science, pero que teñen unha boa visibilidade web e cumpren criterios de calidade.

O servizo “Estatísticas” (Google Scholar Metrics) ofrece a lista das 100 mellores revistas, clasificadas por categorías temáticas. A consulta pode limitarse por lingua e ordenarse polos índices h5 e Mediana h5. O índice h5 é o índice h dos artigos publicados nos últimos cinco anos. O índice h5 Mediana é a mediana do número de citas dos artigos que conforman o seu índice h5.

vista estatísticas publicacións principais

Crear un perfil de revista en Google Académico

Tamén se pode crear un perfil de revista en Google Académico, indicando o título da revista no campo “Nombre” e achegando os diferentes artigos indexados en Google nese perfil.

A USC en Google Citations

A visibilidade web que ofrece Google Académico atrae a atención de axencias de avaliación internacional, de xeito que incorporan indicadores de produtividade, impacto e presenza web no cálculo de rankings do persoal investigador e universidades.

En España o Laboratorio de Cibermetría do CSIC elabora varios rankings baseados nas análises dos perfís públicos do persoal investigador das universidades españolas.

A intención é avaliar tanto o nivel de excelencia dunha universidade coma o seu achegamento á sociedade, o seu empeño a prol do acceso aberto e da transferencia do coñecemento.

Ranking Web de universidades