Ir ao contido principal

Google Académico-Perfil de investigador

Perfil duplicado

A existencia de máis dun perfil en Google Académico pode deberse ao uso de varios enderezos de correo electrónico, posiblemente un institucional e outro comercial (gmail, hotmail…), de xeito que se crean perfís duplicados.
Esta duplicidade pode prexudicar ás métricas de investigación, polo que é aconsellable borrar sempre o perfil  que non estea actualizado.

Pode ser que as contribucións aparezan misturadas entre os diversos perfís. Neste caso é recomendable borrar os dous perfís duplicados e crear un novo.

Para calquera dúbida ou problema co perfil de Google Académico, especialmente o esquecemento do contrasinal dos perfís creados, pódese consultar a seguinte páxina de soporte en español:

https://about.google/contact-google/

Os pasos a seguir para eliminar un perfil duplicado:

  1. Entrar no perfil que desexe borrar
  2. Ir a "Mi Perfil" e  introducir a dirección de correo electrónico coa que se creou esa conta. Premer nas barras horizontais para despregar o menú de opcións.
  3. Dentro  do apartado “Configuración” (Settings), escoller a opción "Cuenta" no menú da esquerda.

acceso ao menú de configuración da conta

  1. Dentro das opcións do menú "Cuenta", escoller "Eliminar cuenta de Google Académico"Eliminación dun perfil duplicado en Google Académico

Publicacións duplicadas

Publicacións que non son propias

Son frecuentes os problemas de homonimia, nomes abreviados e cambios na forma de firma ao longo do tempo. Ademais tanto os buscadores como as bases de datos bibliográficas, aínda que establecen parámetros estatísticos para diferenciar ás persoas autoras (área temática, cronoloxía, coautorías), cometen erros á hora de escoller a forma preferente do nome.

É fundamental - por ética e por obter métricas reais -  limpar o perfil das publicacións que non son nosas.

Para facelo, selecciona os artigos que non son da túa autoría e escolle "Borrar" no menú de accións.

Non se atopan as publicacións

É posible que algúns dos teus artigos non aparezan nunha primeira busca. Poden conter erros no título ou aparecer baixo formas de nome de autor/a  que non esperarías.

Proba varias opcións de busca: por autor/a (segundo apelido, nome completo, título, frase do resumo entre parénteses etc).

Unha vez que os localices, escolle "Añadir".

Publicacións non dispoñibles en Google Académico

Google Académico indiza información procedente de sitios webs públicos que teñen un cariz académico.

Fundamentalmente rastrexa:

  • Redes sociais científicas
  • Repositorios de universidades
  • Webs persoais e institucionais

Tendo esto en conta, cantas máis publicacións teñamos neses webs, máis probable é que aparezan en Google Académico.

A Guía de autoarquivo en Minerva (repositorio da USC) explica como depositar as túas publicacións con garantías legais e permanentes.

Ten en conta que subir o texto completo a redes sociais científicas pode infrinxir regulamentacións relativas á propiedade intelectual. Comproba cando é posible en How can I share it?)