Ir ao contido principal

Google Académico-Perfil de investigador

Consultar e usar o perfil

Acceso ás citas

Para acceder á páxina principal do teu perfil, entra a “Mis citas” (Google Scholar Citations).

acceso a citas Google Académico

 

Uso do perfil de Google Académico

A URL do teu perfil pode engadirse á firma de correo institucional ou consignarse  nas webs doutros identificadores. Así damos unha visión unificada de todos os perfís.

engadir URL do perfil de Google Académico

Configuración das actualizacións

As actualizacións configuranse inicialmente no proceso de rexistro. Se se queren modificar as opcións de actualizacións pódese facer en todo momento dende o menú do perfil. Se os teus apelidos son frecuentes e hai posibilidade de homonimia, é importante que desmarques a opción de "Aplicar actualizaciones automáticamente".

Isto é porque Google, de xeito automático, rastrexa publicacións e engádeas ao teu perfil cando detecta apelidos semellantes ao teu.

Por iso é mellor escoller a opción "Enviarme actualizaciones por correo electrónico para que las revise".

Configurar actualizacións manuais

Crear alertas

Alertas temáticas

Podemos recibir alertas dos temas que nos interesen. Accedemos ao menu de  “Alertas” e indicamos un tema en “Consulta de alerta” 

menu alertas temáticas         crear alertas temáticas

Seguimento doutros perfís

É posible recibir un aviso cando alguén siga o noso perfil ou cando se nos cite. Na opción “Seguir” ofrécense varias opcións para estar ao día da información dun determinado perfil (Seguir a este autor):

  • Novos artigos no meu perfil.
  • Hai novas citas sobre os meus artigos.
  • Artigos recomendados.

creación de alertas

Exportar referencias

Para exportar a información bibliográfica das publicacións. Os formatos de exportación dispoñibles son: BibTeX, EndNote, RefMan e CSV.

formatos de exportación

 

Son diferentes opcións que permiten a importación a programas de xestión da bibliografía.

Tamén son aptos para exportar as referencias a outros identificadores, co conseguinte aforro de tempo.

Consulta a Guia de ORCID para exportar de Google académico a ORCID.

Lista de lectura

Unha vez que entras no teu perfil podes marcar os documentos que che interesen para lelos máis tarde coa etiqueta Lista de lectura. Simplemente tes que premer na icona da estrela que aparece baixo o resultado da busca. Poderás acceder a eles a través de "Mi biblioteca".

Guardar documentos na lista de lectura

Acceso a texto completo

Se accedes dende o campus poderás ir dende un resultado de Google Académico á busca directa no propio catálogo e/ou bases de datos subscritas pola biblioteca. Tes que premer na ligazón "Catálogo Iacobus". É posible que se che soliciten as claves da túa conta institucional para acceder ao contido.

Se accedes desde fóra do campus deberás configurar a túa conta para obter o mesmo resultado. No menú de Configuración debes premer na opción "Enlaces de Bibliotecas". Para engadir a túa debes escribir na caixa de busca. Para a Biblioteca da Universidade de Santiago, abonda con teclear Iacobus.

Configuración do acceso a subscricións biblioteca