Para que a información bibliográfica pase a formar parte do perfil dunha persoa autora cómpre que estea dispoñible en Google Académico. É decir, é preciso que os artigos ou demais documentos fosen indizados por Google Académico previamente. É a persoa autora quen ten que buscalos e reunilos baixo o seu perfil. Para poder beneficiarse do servizo de métricas é necesario que o perfil sexa público.
O desexable é ter un único perfil completo, actualizado e limpo. A unificación é fundamental para reunificar as métricas. Poden darse varias incidencias: que haxa un perfil duplicado, que as publicacións aparezan duplicadas, que haxa publicacións nosas asignadas a outra persoa, que se nos asignen publicacións que non son nosas, ou que non estean dispoñibles en Google Académico. Para solucionalas, consulta o seguinte apartado desta guía: Resolución de incidencias. Unha vez resoltas estas incidencias as métricas aparecerán corrixidas.
Ten en conta que es responsable da información que figura no teu perfil. O uso fraudulento que poidas facer das métricas recollidas, por exemplo engadindo publicacións que non son túas, pode constituir un delito.
A incorporación de rexistros pode facerse tanto no momento de crear a conta coma posteriormente, sendo conveniente a actualización do perfil cada vez que teñamos unha nova publicación. Por isto último é importante crear alertas e configurar a actualización de modo manual.
Unha vez realizado o rexistro podemos recuperar as nosas publicacións:
Tamén é posible engadir manualmente as nosas publicacións.
A medida que se engaden artigos aparecen as funcións “Combinar“, “Eliminar” e “Exportar“
É posible editar un rexistro para corrixilo ou ampliar unha información escasa. Isto é especialmente interesante se queremos aproveitar esa información para exportar como ficheiro bibliográfico.
Corrixe os erros ortográficos, recolle o nome en todas as coautorías ou amplía a información de numeración (volume, número) no caso das revistas. Observa que cada tipo de material precisa campos bibliográficos diferentes.
Lembra gardar sempre despois de cada corrección.
Se por erro se eliminou un rexistro é posible recuperalo coa opción “Ver lixo” (“View Trash“) e “Restaurar“.