Ir ao contido principal
Boas prácticas
- Comproba que non teñas máis dun perfil creado en Google Académico. Consulta como xestionar os perfís duplicados nesta sección da guía: Perfil duplicado.
- Inclúe a túa conta de correo institucional como correo electrónico de verificación.
- Inclúe o identificador RoR (Research Organization Registry) da entidade á que esteas vinculado no campo Afiliación, a continuación do nome da institución. Para a Universidade de Santiago de Compostela é o https://ror.org/030eybx10 .
- Non engadas institucións coas que xa non manteñas ningunha relación.
- Revisa periodicamente o teu perfil para eliminar publicacións asociadas que non sexan túas ou combinar posibles documentos duplicados. Se a túa firma científica inclúe apelidos moi comúns, desactiva as actualizacións automáticas para minimizar incidencias e realiza a agregación de publicacións de forma manual.
- Mantén o teu perfil limpo e actualizado para mellorar a túa visibilidade.
Recomendacións
- Comproba que non exista xa un ou máis perfís teus creados en Google Académico antes de rexistrar un perfil.
- Na páxina principal do teu perfil inclúe a páxina web na que teñas máis contidos. Pode ser a do Portal da Investigación, ORCID etc.
- Para mellorar a visibilidade, seguindo os criterios da Academic Search Engine Optimization (ASEO):
- Selecciona con coidado as palabras chave da túa publicación.
- Inclúe unha palabra chave no título, preferiblemente dentro dos primeiros 65 caracteres. Busca crear un título claro, relevante e conciso.
- Tamén é recomendable que a palabra chave estea incluída na URL do arquivo da publicación, con coidado de non usar caracteres especiais e separando as palabras con guións.
- Cando subas un documento, por exemplo á túa páxina persoal, sigue estas directrices para facilitar o rastrexo do bot de Google Scholar:
- Usa preferiblemente o formato PDF. Comproba que o teu ficheiro remata con
".pdf".
- O título debe aparecer en letra grande na cabeceira da primeira páxina do documento.
- As persoas autoras do texto deben aparecer listadas xusto despois do título en liña á parte.
- O documento debe incluír unha sección ao final titulada, por exemplo: "Referencias" ou "Bibliografía".