Para facer a renovación abonda con picar sobre o texto "RENOVAR". Aparecerá unha mensaxe de confirmación e a nova data de vencemento do préstamo.
Se tes máis dunha obra emprestada podes renovar todos os préstamos nun clic, picando en "RENOVAR TODO".
Ten en conta que para renovar os teus préstamos deben cumprirse as seguintes condicións:
- Que a obra non fose reservada por outro/a usuario/a.
- Que non teñas ningún préstamo vencido.
- Que non sexa demasiado pronto para facer a renovación.
- Que non superaras o número máximo de 2 renovacións por ítem prestado.
Algunhas das mensaxes que aparecen cando se pasa o rato por riba do literal NON RENOVABLE:
- Este exemplar non se pode renovar.
- A persoa usuaria ten {X} préstamo/s vencido/s.
- A persoa usuaria non está activada no sistema.
- A tarxeta de usuario/a caducou.
- Tipo de sanción: {X} Descrición da sanción: {X}.
- Superouse o prazo de renovación do exemplar.
- O intervalo de tempo no que se permite a renovación do préstamo é nos 4 días anteriores á data de vencemento. (Dependendo do tipo de material poden ser 3 días).
- O estado do exemplar é "{X}" e non se pode renovar.
- A política do exemplar non permite renovacións.
- A data de vencemento da renovación coincide coa actual.
- O exemplar non se pode renovar porque ten unha reserva.
- O exemplar non se pode prestar porque ten unha Reserva anticipada.