Unha vez localizado o exemplar sobre o que queremos facer a reserva, e despois de iniciar sesión, imos ao rexistro detallado facendo clic no título do ítem ou no apartado de dispoñibilidade:
No apartado "Solicitar" do rexistro detallado ou completo, localizar e premer en Solicitude
Aparece un formulario que hai que cubrir, cos seguintes datos:
- É obrigatorio cubrir a biblioteca onde a persoa usuaria desexa recoller o exemplar *.
Unha vez feita a solicitude, esta aparecerá na súa conta da biblioteca no apartado "As miñas solicitudes".