O servizo "Solicitar dixitalizacións" permíteche solicitar a copia dun artigo e/ou dun capítulo ou extensión asimilable ao 10% do total dun libro excluído do préstamo dos fondos propios non patrimoniais da BUSC e recibila no teu enderezo de correo electrónico institucional, até un máximo de cinco peticións simultáneas.
Unha vez localizado o documento que se quere solicitar e iniciada a sesión no catálogo, preme na opción "Dixitalización" ou "Dixitalización xeral".
Ábrese un formulario no que deberás cubrir os datos que permitan identificar o documento solicitado: Título do capítulo/artigo, Autoría do capítulo/artigo, Páxina de inicio, Páxina final e, ademais, o Volume, o Número e a Data de publicación se se trata dun artigo de revista.
Le e acepta a declaración e preme en Enviar solicitude de dixitalización.
Na sección "Solicitudes" da túa conta en Iacobus poderás ver o estado das túas solicitudes e cancelalas de ser necesario.