Ir ao contido principal

Iacobus - Guía rápida

Guía rápida sobre as novidades e funcionalidades do Catálogo Iacobus

Solicitar reserva anticipada

O servizo Solicitar reserva anticipada permite reservar obras do fondo patrimonial da biblioteca ubicadas na Biblioteca Xeral para a súa consulta na Sala de investigadores (biblioteca.xeral.salainvestigadores@usc.gal).

Unha vez localizada a obra de interese e iniciada a sesión no catálogo Iacobus, hai que premer na opción Solicitude. 

 

Ábrese un formulario no que se deben indicar as datas nas que interesa consultar a obra, mais cómpre ter en conta que a data real de consulta virá determinada pola dispoñibilidade do exemplar na Biblioteca.

Pódense engadir comentarios, se fose necesario. 

 

Na sección Solicitudes de "A miña conta" en Iacobus pódense ver o estado das solicitudes e cancelalas de ser neceario.