As persoas usuarias que non pertenzan á comunidade universitaria, e polo tanto non teñan credenciais, poden obter unha carta de lector/a da BUSC previa presentación dunha foto e D.N.I., e acreditación de estar nalgún dos seguintes casos:
En calquera outro caso poderase presentar unha solicitude na Biblioteca, en calquera punto de servizo ou no enderezo: biblioteca.xeral.servizos@usc.gal, xustificando a necesidade de facer uso dos seus fondos mediante préstamo.
As persoas usuarias externas autorizadas deben xerar un contrasinal a primeira vez que utilicen Iacobus.
O Id de usuario/a será o código de barras proporcionado na carta de lector/a obtida nos mostradores de préstamo no momento do rexistro.
Para xerar o contrasinal debe seguir estes pasos:
1. Facer clic na opción "Usuarios externos autorizados" da pantalla de inicio de sesión.

2. Facer clic en "Esqueceu o contrasinal?" da pantalla seguinte:

3. Na pantalla seguinte introducir o "Código de barras" da carta de lector/a onde di: Identificador primario

4. Picar en Enviar.
5. Recibirá no seu correo electrónico (que debeu proporcionar no momento de rexistrarse como usuario/a externo/a) unha ligazón para escoller un contrasinal.
