Ir ao contido principal

Iacobus - Guía rápida

Guía rápida sobre as novidades e funcionalidades do Catálogo Iacobus

Solicitar novas adquisicións

  • Dispoñible para as persoas usuarias da BUSC.

Desde o catálogo IACOBUS pódese suxerir ou solicitar a compra de novos recursos que non se atopen na colección da Biblioteca Universitaria. 

Para iso debe seguir os seguintes pasos: 

1. Consulte o catálogo e comprobe que o libro non está entre os fondos da Biblioteca Universitaria, e se o estivese xustifique a súa solicitude. 

2. Acceda ao formulario dende a navegación estendida do menú superior:

 

Solicitude compra

 

3. Identifíquese

 

Credencias para o acceso a Iacobus

 

4. Introduza no formulario todos os datos posibles acerca da obra que lle interesa. Campos obrigatorios: Título e biblioteca onde quere que se realice a compra do documento solicitado. 

 

Formulario compra

 

Formulario compra

 

5. Prema en  Enviar solicitude  . A súa solicitude será valorada pola biblioteca e recibirá un correo para indicarlle que a solicitude foi autorizada ou rexeitada, ou ben solicitándolle máis información acerca desta.

6. Desde o seu rexistro de usuario pode ver o estado das súas Solicitudes de compra e cancelalas se xa non lle interesan.