Para asegurarse a súa correcta identificación dixital, inclúa o seu identificador ORCID en calquera fluxo de traballo de investigación:
Facelo é moi doado. O primeiro paso é iniciar a sesión no seu rexistro ORCID e premer en “Mostrar su ID en otros sitios".

Para inserilo na súa páxina web, copie e pegue o código html que se xera.

Para inserilo na sinatura do correo electrónico:

Para obter unha versión do rexistro ORCID público para imprimila ou gardala, premendo en "Vista de impresión de registro público".

Un código QR é unha imaxe lexible por máquina que contén información, como por exemplo a URL dunha páxina persoal. O código QR do seu Iidentificador é único para vostede e está ligado ao seu perfil en ORCID.


Desta maneira obterá o código QR do seu identificador ORCID, que contén a URL do seu perfil. Calquera que o lea cun lector de QR accederá á páxina do seu perfil público.
