A incorporación de publicacións e traballos científicos pode facerse de forma manual ou de forma automática se están incluídos en bases de datos como Scopus ou Web of Science. ORCID tamén permite importar referencias bibliográficas a través de ficheiros BibTex (ficheiros exportados de Google Académico, Dialnet, ou xestores de referencias bibliográficas).