ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é una organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para crear un código de identificación inequívoca dos investigadores e un espazo onde rexistrar os seus traballos.
A finalidade deste identificador é asegurar a correcta identificación dos investigadores eliminando a posible confusión entre nomes iguais ou parecidos. Permite atribuír correctamente as publicacións aos autores e facilita as buscas e a avaliación da investigación.
O código ORCID, composto de 16 díxitos, exprésase como unha dirección URL única que permite a vinculación con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Author ID de Scopus, Dialnet etc. para intercambiar e/ou importar as referencias de publicacións xa indexadas.