Na sección Obras prema "Añadir trabajos" ou o botón para engadir obras seguido de "Buscar y enlazar".
A continuación seleccione a opción Scopus.
Para a conexión con Scopus é preciso conceder unha autorización.
Unha vez autorizado o acceso realice unha busca polo nome do autor e complete o proceso cos seguintes pasos:
A lista de publicacións importadas aparecerán de forma inmediata no rexistro de ORCID. Por defecto están configuradas como privadas, para facelas visibles terá que marcalas como públicas coa opción “Todos”. É aconsellable que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade.
O asistente para a importación está temporalmente deshabilitado debido a migración a Publons. Para importar as súas contribucións debe entrar na súa conta de Publons, e localizar as súas publicacións na Web of Science. A importación realízase dende Publons, para o que debe:
Unha vez incorporadas as referencias é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.
Na páxina de Google Académico acceda á súa conta ou perfil.
Unha vez no seu perfil seleccione o/s artigo/s que desexa exportar e elixa BibTex entre as opcións para exportar que se ofrecen.
Despois de gardar no seu PC o ficheiro coa extensión .bib xerado desde Google Académico deberá iniciar sesión en ORCID e no apartado Agregar obras seleccionar a opción Enlace BibTex.
Na pantalla seguinte elixa “Seleccionar archivo”, localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID.
Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción “Guardar todos” para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID.
Unha vez incorporadas as referencias é posible definir o nivel de privacidade para determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan visibles por todos para mellorar a visibilidade.
Dende o seu perfil en ORCID, nsección Obras prema "Añadir trabajos" ou o botón para engadir obras seguido de "Buscar y enlazar".
Seleccione CrossRef Metadata Search entre as diferentes bases de datos.
Para que a exportación de referencias sexa posible é necesario autorizar a conexión coa base de datos.
CrossRef executa unha busca de publicacións en función dos datos que figuran no seu perfil de ORCID (variantes de nome, afiliación institucional), pero é moi posible que os resultados inclúan traballos que non sexan propios. Refine a busca limitando os resultados por disciplina ou por publicación (revistas nas que vostede publicou).
Finalmente seleccione o traballo correspondente para que sexa engadido á lista de publicacións en ORCID.
Se o artigo xa figura no seu perfil de ORCID (como resultado dunha importación manual ou procedente doutras bases de datos) CrossRef informará desta circunstancia.
Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.
Acceda a Dialnet e na lapela Autores busque o seu nome.
Seleccione os artigos que desexa importar e prema en Selección e na opción BibTex para obter un arquivo coas referencias seleccionadas. Se realiza a selección dende un equipo externo á USC deberá ter unha conta de Dialnet.
Despois de gardar o ficheiro coa extensión .bib no seu PC deberá iniciar sesión en ORCID e seleccionar a opción Enlace BibTex.
Na pantalla seguinte elixa “Seleccionar archivo”, localice o ficheiro BibTex no seu equipo e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID.
Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción “Guardar todos” para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID.
Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.