Ir ao contido principal

ORCID

Rexistro

Calquera persoa con traxectoria investigadora pode darse de alta en ORCID individualmente de forma rápida e sinxela.

Entre no sitio web de ORCID

Na parte superior dereita pode seleccionar o idioma e, no apartado Para investigadores, seleccionar a opción para rexistrarse e obter o código identificador.

.botón de rexistro ORCID

Paso 1. Datos persoais

No primeiro paso deben cubrirse os datos persoais e un correo electrónico de contacto. Pode engadir ao seu perfil enderezos de correo adicionais

paso 1 do rexistro

 

Paso 2. Seguridade e notificacións

No segundo paso do rexistro debe escoller un contrasinal. O contrasinal debe estar composto por oito caracteres ou máis e incluír, como mínimo:

  • un número 
  • unha letra ou símbolo

paso 2 do rexistro

Paso 3. Visibilidade e termos

Antes de rematar pode configurar a súa privacidade por defecto.  As opcións dispoñibles son:

  1. Todos (Público)
  2. Partes de confianza: información de acceso limitado a organizacións ou persoas de confianza ás que lle outorgue acceso ao seu rexistro ORCID. Require unha acción explícita pola súa parte como persoa propietaria da conta. 
  3. Só eu (Privado)

Lembre que a configuración de visibilidade do seu nome por defecto ao rexistrarse é Todos e que a visibilidade predeterminada dos enderezos electrónicos é Solo yo. Pode actualizar a visibilidade destes elementos tras rexistrarse e modificando o selector de visibilidade xunto a eles. Só a información marcada como Todos será visible para todo o mundo. Marcando a casiña de aceptación dos termos e condicións dáse o consentemento expreso á visibilidade dos datos marcados como visibles para Todos.

paso 3 do rexistro

 

Unha vez rematado o proceso de rexistro o sistema enviaralle un correo de verificación.

aviso de correo electrónico de verificación enviado