Access Medicina é un recurso integral en liña que ofrece unha colección completa de contidos de diferente tipoloxía: obras de referencia fundamentais (con máis de 100 títulos en castelán); contido multimedia (vídeos de exploracións e procedementos médicos, módulos interactivos, animacións e podcasts); ferramentas de referencia rápida; bases de datos de fármacos; materiais de autoavaliación; casos; infografías e información para os pacientes.
O acceso desde fóra da rede da Universidade faise a través do EZproxy. Só tedes que introducir o correo electrónico institucional e o contrasinal cando se vos solicite a identificación.