Skip to Main Content
Parece que estás usando Internet Explorer 11 ou anterior. Este sitio web funciona mellor con navegadores modernos como as últimas versións de Chrome, Firefox, Safari e Edge. Se continúa con este navegador, pode ver resultados inesperados.

EZproxy para acceso remoto aos recursos

Servizo EZproxy

A Biblioteca Universitaria ofrece o servizo EZproxy para permitir o acceso remoto aos recursos electrónicos subscritos pola BUSC, e os subscritos a través do CISUG, para todos os membros da comunidade universitaria (Alumnado, PDI e PAS).

Os recursos accesibles a través do EZproxy distínguense porque a súa URL comeza por ou contén “ezbusc” e non é necesario levar a cabo ningún tipo de configuración no dispositivo utilizado, sempre que se acceda dende reBUSCa, Pórtico ou o Catálogo Iacobus.

A primeira vez que se preme nun destes enlaces, e ata que se peche ou caduque a sesión, o único que deben facer as persoas usuarias é introducir as súas credencias da USC.

O EZproxy só pode configurarse para os recursos cuxo acceso está limitado por enderezo IP.