Ir ao contido principal

EZproxy para acceso remoto aos recursos

Servizo EZproxy

A Biblioteca Universitaria ofrece o servizo EZproxy para permitir o acceso remoto aos recursos electrónicos subscritos pola BUSC e aos subscritos a través do CISUG a todos os membros da comunidade universitaria (Alumnado, PDI e PTXAS).

Os recursos accesibles a través do EZproxy distínguense porque a súa URL comeza por ou contén “ezbusc” e non é necesario levar a cabo ningún tipo de configuración no dispositivo utilizado, sempre que se acceda dende reBUSCa ou desde o Catálogo Iacobus.

A primeira vez que se preme nun destes enlaces e ata que se peche ou caduque a sesión, o único que deben facer as persoas usuarias é introducir as súas credenciais da USC.

O EZproxy só pode configurarse para os recursos cuxo acceso está limitado por enderezo IP.