Ir ao contido principal

Access Medicina

Referencia rápida

Desde esta lapela temos acceso a varias ferramentas de referencia que permiten obter información de forma rápida e precisa. Son as seguintes: Diagnosaurus, probas de diagnose, guías prácticas para a atención primaria, 2 Minute Medicine, calculadoras e acrónimos.

 

 

Ferramenta que ofrece máis de 1.000 diagnósticos diferenciais e que permite filtrar a busca por síntoma, enfermidade ou por sistemas e especialidades. 

Na columna central da pantalla hai unha barra para buscar directamente e tamén un índice A/Z para buscar alfabeticamente nas listaxes de termos indexados.

Trátase dunha guía que serve como referencia para escoller e interpretar as probas complementarias máis comúns na contorna clínica. 

Son resumos concisos. As guías máis recentes para a detección, a prevención e o tratamento de enfermidades. 

En cada un dos tres apartados nos que se estrutura a busca podedes atopar unha listaxe de guías, que se poden ler, escoitar, descargar en PDF, compartir etc. Ademais, tamén hai 9 apéndices. 

Na páxina principal desta ferramenta tedes unha barra que permite facer procuras directamente no contido das guías. 

Recolle casos sinópticos sobre investigación médica publicados polo grupo editorial 2 Minute Medicine en lingua inglesa co respaldo da Facultade de Medicina da Universidade de Harvard. 

Podedes escoller o tema do voso interese no despregable. 

Se contas cun perfil persoal, tes a opción de subscribirte para recibir avisos de novas incorporacións no teu correo electrónico. 

 

Desde esta lapela de referencia rápida tamén se pode acceder a diferentes calculadoras: APACHE II, calcio corrixido, data probable po parto, risco de cardiopatía coronaria etc.

 

Este recurso permítevos consultar unha listaxe alfanumérica e alfabética de acrónimos. Indica a sigla, a correspondencia en inglés e o significado en castelán.