Desde esta lapela teredes acceso a unha extensa colección de recursos multimedia, que se organizan en 4 seccións: vídeos, módulos interactivos, animacións e podcast.
Os vídeos poden filtrarse polas ramas da Medicina da columna da esquerda. Os resultados aparecen na columna central. Para ver un vídeo só hai que premer sobre a súa miniatura e abrirase unha nova pestana co reprodutor. Podedes compartilo por correo electrónico ou en diferentes redes sociais.
Os módulos interactivos de anatomía permítenvos ver animacións en 3D da anatomía humana, así como dos diferentes sistemas, órganos e partes do corpo.
No apartado podcast podedes atopar os Podclass de Harrison e Diagnóstico basado en los síntomas. Son más de 80 arquivos de audio que fomentan o razoamento clínico e a práctica baseada na evidencia. Ademais de escoitar os episodios (é posible modificar a velocidade da audición), podedes ler a transcrición.