Este recurso proporciona acceso a unha colección de máis de 600 infografías médicas organizadas por especialidades. Podedes filtrar por especialidade e ver as dispoñibles ou facer unha procura concreta desde a barra "buscar en infografías".
Premendo no botón "ferramentas" podedes subscribirvos para recibir avisos de novas incorporacións (é preciso ter un perfil persoal) e ver unha listaxe de recursos exportable a Excel.
Unha vez seleccionada a infografía do voso interese, tedes diferentes opcións: visualizar a tamaño completo, compartila, gardala como favorita, ver a referencia bibliográfica en varios estilos, descargala en PFD etc.