Esta opción facilita o acceso a centos de casos básicos e clínicos, que proporcionan unha experiencia próxima ás situacións clínicas reais.
Na columna da esqueda da pantalla podedes filtrar a busca escollendo unha das opcións que vedes na imaxe. Unha vez seleccionada a especialidade do caso, premendo nela, accededes á listaxe de todos os casos dispoñibles, os cales podedes filtrar por tema ou por número de caso.
Os casos pódense ler ou escoitar e presentan preguntas asociadas, así como as respostas correctas para poder facer as correccións. Ademais, nas diferentes lapelas ("estudio de", "aspectos destacados", "referencias" e "preguntas de comprensión") contades con información complementaria para a comprensión e resolución do caso.