Neste apartado tedes á vosa disposición milleiros de preguntas de autoavaliación en formato cuestionario que foron extraídas das principais obras dispoñibles en Acess Medicina.
Contades con dúas opcións para buscar as preguntas: escollendo Por recursos ou Flashcards.
No primeiro caso, na columna da esquerda, podedes ver todas as autoavaliacións dispoñibles ou filtrar por especialidade. Tedes a opción de iniciar un exame aleatorio ou de crear un personalizado, para o cal debedes indicar o número de tópicos que queredes incluír de cada unha das temáticas propostas.
Para facer os exames é indispensable que vos identifiquedes co voso perfil persoal. Tede en conta que non é posible gardar a proba para reanudala noutro momento!
Pola súa parte, as flashcards son unha ferramenta en liña que axuda ás persoas usuarias a profundar nun recurso ou tema. Están vencelladas a recursos de diferente temática: patoloxía, farmacoloxía, bioquímica e xenética, obstetricia e xinecoloxía etc.
O acceso a estas tarxetas pódese realizar desde calquera dispositivo, pero é preciso que vos identifiquedes co voso perfil persoal. Este recurso permite levar un rexistro das tarxetas vistas anteriormente, así como gardar as súas favoritas para revisalas noutro momento.