Ir ao contido principal

FAQs BUSC

En que consiste o préstamo a domicilio?

É un servizo que permite levar libros por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos.

Quen pode utilizar o préstamo a domicilio?

Todas as persoas da comunidade universitaria debidamente acreditadas pola TUI ou polo carné da biblioteca expedido polos centros da BUSC.

Para acceder ao servizo de préstamo preciso algunha identificación?

Si, a TUI ou o carné da biblioteca expedido pola BUSC.

Que tipo de documentos se poden levar a domicilio?

O catálogo da Biblioteca proporciona información respecto á dispoñibilidade da obra.

Podo levar en préstamo só os libros que estean na biblioteca da miña facultade ou tamén os de calquera outra biblioteca?

Pódense levar libros en préstamo de calquera centro da BUSC.

Como fago para pedir un préstamo?

Pode solicitalo persoalmente na biblioteca onde se atope o libro. Para facer solicitudes ou reservas na web é imprescindible iniciar sesión en Iacobus coas credenciais da USC.

Cantos libros e canto tempo podo telos na casa?

As condicións variarán segundo o tipo de usuario e o tipo de documento. Na normativa de préstamo detállanse todas as casuísticas.

Podo renovar o préstamo dun libro que teño na casa?

Si, poderá renovalo ata dúas veces sempre que non estea solicitado por outra persoa. A renovación pode facerse persoalmente nos mostradores das bibliotecas ou dende "A miña conta", na pestana "Préstamos" do  catálogo Iacobus.

Podo reservar libros que están prestados a outros usuarios?

Si, a reserva pode facerse nos mostradores de préstamo ou localizando o exemplar no catálogo e premendo en solicitar (require inicio de sesión).

Como podo saber que documentos teño en préstamo, cando teño que devolvelos, etc.?

Cando te identificas coas credenciais institucionais en Iacobus, en  "A miña conta" tes varias pestanas con información sobre os teus préstamos, solicitudes (reservas) e mensaxes relativas a préstamos vencidos. Tamén a listaxe dos materiais que tes actualmente en préstamo, con información da data de vencemento e a posibilidade de renovalo. No apartado "Solicitudes " verás a listaxe dos materiais que solicitaches ou reservaches para ir recoller á Biblioteca.