Si, utilizando o servizo de Préstamo interbibliotecario pódense pedir libros, artigos de revista e capítulos de libros.
Están excluídos do préstamo interbibliotecario:
Calquera persoa pode utilizar este servizo, tendo en conta que pode estar suxeito ás tarifas aprobadas polo Consello Social da USC.
As persoas pertencentes á comunidade universitaria da USC poden beneficiarse da gratuidade deste servizo.
O servizo de préstamo interbibliotecario é gratuíto para as persoas vencelladas á USC (alumnado, PDI e PTXAS). Os límites, prezos e excepcións para quen non pertenza á comunidade universitaria están aprobados polo Consello Social da USC e poden consultarse en tarifas.
Toda a comunidade universitaria: PDI, PTXAS e alumnado da USC, coas seguintes limitacións:
A biblioteca asume o custo do servizo sempre que o importe non exceda de 100 € por petición para dixitalizacións, e 50 € por petición de préstamo de orixinais. De sobrepasar estes importes, farase cargo a persoa usuaria ou o departamento ao que pertenza.
Estes termos poden sufrir variacións, polo que se recomenda comprobar as tarifas vixentes no momento da solicitude.
Pódese facer por tres medios:
Deberán consultarse na biblioteca, no espazo ou sala que se indique e durante o prazo de tempo que estableza a biblioteca prestataria.