Ir ao contido principal

FAQs BUSC

Podo realizar ou encargar copias de documentos da Biblioteca?

Tanto as fotocopias de material impreso como as copias impresas a partir de microformas serán realizadas polas propias persoas usuarias nas instalacións da biblioteca.

As persoas pertencentes á comunidade universitaria da USC poden solicitar, dende o propio catálogo Iacobus, copias escaneadas de artigos de revistas e capítulos de libros excluídos do préstamo.

O fondo antigo e obras especialmente valiosas ou delicadas só poden ser reproducidas polo persoal da biblioteca en formato dixital. O custo das copias encargadas á biblioteca, en formato dixital ou reprodución impresa, pode consultarse nas tarifas vixentes

Os Alumni, persoas usuarias externas e invitadas poderán solicitar a dixitalización envíando un correo a: fotprest@usc.es

Este servizo está suxeito ao sistema de tarifas establecido pola USC.

Podo utilizar ordenadores da Biblioteca para o meu traballo persoal?

En todos os centros da BUSC existen ordenadores exclusivamente para consulta do catálogo e ordenadores que dispoñen de aplicacións ofimáticas, acceso a internet e aos servizos electrónicos da BUSC destinados ao traballo persoal e con fins académicos.

Podo imprimir na Biblioteca?

Non, os ordenadores de uso público non están conectados a impresoras. Os documentos poden descargarse nunha memoria USB ou enviarse a un enderezo electrónico.

Hai préstamo de ordenadores nas bibliotecas?

Hai préstamo de portátiles na maioría dos centros da BUSC. Préstanse para uso en sala e non poden sacarse das instalacións da Biblioteca. É un servizo exclusivamente para persoas usuarias da biblioteca.

Podo utilizar o meu portátil na biblioteca?

A Wifi da USC é de acceso restrinxido para os membros da comunidade universitaria e só se accede mediante as credenciais institucionais.

Os membros de institucións vencelladas a EDUROAM poderán acceder á wifi coas súas credenciais.