Ir ao contido principal

FAQs BUSC

Cantas bibliotecas hai na USC?

Hai unha única biblioteca universitaria con diferentes puntos de servizo ou bibliotecas de centro nos campus de Santiago e Lugo.  Ver listaxe

Como e onde podo informarme sobre o funcionamento da biblioteca e os seus servizos?

Dirixíndote ao persoal de calquera das bibliotecas; visitando o sitio web; ou escribindo ao correo electrónico biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal

Que horario teñen as bibliotecas?

Como norma xeral o horario é de luns a venres de 8.30h a 21.30h. Algunhas abren sábados, domingos e festivos de 10h a 19.30h. As variacións que se producen ao longo do curso por vacacións ou períodos de exames publícanse oportunamente na sección de Actualidade e nas redes sociais nas que participa a BUSC. Estes cambios non afectan igual a todos os centros, polo que se recomenda consultar sempre a páxina de Horarios.

 

Existen horarios extraordinarios en períodos de exames?

Si. Estes horarios publícanse no seu momento na sección de Actualidade da web da BUSC e nas redes sociais nas que participa a Biblioteca. 

Quen pode consultar os fondos e utilizar os servizos da BUSC?

Os servizos da BUSC están dirixidos á comunidade universitaria (alumnado, PDI e PTXAS) e persoas con carné da biblioteca. 

Como podo acceder aos servizos da BUSC?

Para os membros da USC a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) funciona como carné de biblioteca. As credenciais da USC (correo electrónico institucional e contrasinal) identifican ao usuario ou usuaria na web da BUSC e danlle acceso a servizos e recursos electrónicos exclusivos.

Se non é membro da USC pero cumpre os requisitos que a biblioteca esixe pode solicitar un carné da biblioteca no mostrador de préstamo de calquera centro da BUSC previa presentación dunha foto, DNI, e a documentación que acredite que cumpre os requisitos.

En caso de non cumprir os requisitos, poderase presentar unha solicitude na Biblioteca, xustificando a necesidade de facer uso dos seus fondos.

Durante canto tempo é válido o carné da biblioteca?

A TUI terá validez mentres o usuario ou usuaria manteña a súa vinculación coa Universidade. O carné da biblioteca expedido a persoas externas á USC terá validez durante o período que esta estableza que, por norma xeral, é dun ano renovable.

Se non son membro da USC podo ter carné da biblioteca e utilizar os seus fondos e servizos?

Para utilizar os servizos da BUSC deberá acreditarse mediante un carné da biblioteca. Este permítelle consultar e levar fondos en préstamo nas condicións establecidas pola Biblioteca para persoas autorizadas que non forman parte da comunidade universitaria.

 

Podo utilizar os servizos (lectura en sala, préstamo, etc.) de bibliotecas de centros distintos de onde estou matriculado/a?

Si, a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) e os carnés da biblioteca proporcionan acceso aos fondos e servizos da BUSC na súa totalidade, en todos os seus puntos de servizo e nas condicións que se especifiquen en cada un deles.

Cales son os meus dereitos como usuario da BUSC?

  • Acceder en condicións razoables á consulta e estudo dos fondos e documentos bibliográficos que constitúen a Biblioteca da Universidade, así coma aos demais servicios que esta presta.
  • Recibir información, asesoramento e colaboración na localización e acceso a fontes bibliográficas e documentais.
  • Recibir a formación básica para a utilización de cada un dos servicios.
  • Presentar solicitudes de fondos bibliotecarios. 


Os restantes usuarios autorizados da Biblioteca Universitaria terán dereito a aqueles servicios que a Comisión de Biblioteca estableza para cada grupo de usuarios externos.

Cales son as miñas obrigas como usuario da BUSC?

  • Respetar a integridade e o estado das instalacións da Biblioteca Universitaria, así como os fondos e documentos que a compoñen.
  • Cumplir as disposicións que regulan os distintos servicios da Biblioteca e, en especial, as normas establecidas para o préstamo de fondos e documentos.
  • Colaborar cos servicios da Biblioteca Universitaria para manter un correcto funcionamento do servizo.