Si. A biblioteca ofrece un plan de formación dirixido a afondar no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información.
A través da páxina de contacto de cada biblioteca.
Pode consultar a oferta formativa na intranet da biblioteca, no calendario de cursos, onde se especifican o contido e as datas de realización para os niveis básico e avanzado.
Alumnado, profesorado e persoal investigador poden solicitar formación a medida sobre recursos de información, servizos, temas ou ferramentas de traballo do seu interese. Deberán poñerse en contacto coa biblioteca para perfilar os contidos do curso, calendario, infraestrutura tecnolóxica requirida,...