Ir ao contido principal

FAQs BUSC

A quen me dirixo para consultar calquera dúbida sobre a biblioteca e os seus servizos?

En todas as bibliotecas da BUSC o persoal bibliotecario poderá aclararlle calquera cuestión relacionada cos servizos bibliotecarios e recursos de información. Tamén se poden enviar as consultas dende a web a través do seguinte correo: biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal

A quen me dirixo para consultar as dúbidas sobre o manexo do catálogo, bases de datos, revistas electrónicas,…?

En todas as bibliotecas da BUSC o persoal bibliotecario poderá aclararlle calquera cuestión relacionada cos servizos bibliotecarios e recursos de información. Tamén se poden enviar as consultas dende a web a través do seguinte correo: biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal

A quen me dirixo se teño problemas coa TUI, o correo electrónico da USC, o cambio de contrasinal, ou o acceso aos servizos restrinxidos a membros da USC na web?

Calquera incidencia relacionada coa TUI ou as credenciais institucionais debe ser comunicada ao Centro de Atención a Usuarios da USC mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo cau@usc.gal

Será preciso incluír nome completo, documento de identidade, relación coa USC e unha descrición da incidencia na mensaxe.

Na páxina Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI) está a información detallada.

Como me poño en contacto co servizo de información?

Persoalmente nos mostradores ou servizos de información de cada centro, por teléfono ou a través do correo electrónico de cada unha das bibliotecas.