Ir ao contido principal

FAQs BUSC

Podo matricularme no nivel avanzado sen ter feito o nivel básico?

Sí, son independentes, e ademais obterás un ECTS por cada nivel.

Cantos créditos podo conseguir polos cursos CI?

Podes obter 1 ECTS por cada nivel (básico e avanzado), é dicir, 2 en total.

Aínda que realices o curso máis dunha vez, só obterás un crédito.

Podo facer os dous niveis a un tempo?

Si, pero recomendamos facer o básico nos primeiros cursos de Grao e o avanzado no último curso.

O curso é gratuíto? Por que na secretaría virtual di que " se dispón de 5 días para pagar"?

Esta información aparece por defecto en todos os cursos, pero ao premer en "matricularse" xa pon que é gratuíto.

Matriculeime no curso pero non me aparece a aula no meu Campus Virtual.

A aula aparece no momento en que comeza o curso. Recibirás unha mensaxe de benvida na túa caixa de correo institucional.

Se teño o diploma/crédito polo curso básico que acadei mentres estudaba Bioloxía, podo convalidar o curso básico de Dereito que é o que estou estudando este ano?

Si, pero terás que matricularte de novo no curso e entregar o diploma que demostre que xa o superaches. Unha vez matriculado no novo curso, recibirás as instrucións por parte da Biblioteca no teu correo institucional.

Como estudante de posgrao (Máster, Doutoramento...), cursos propios, microcredenciais, etc. podo facer o curso básico/avanzado?

Podes facelo -non está restrinxida a matrícula- pero non tes dereito ao ECTS, aínda que si ao diploma.

Teño que facer algunha xestión para que se me impute o crédito?

Se escolliches a imputación automática cando te matriculaches no curso, non tes que facer nada, impútase de oficio no teu expediente unha vez publicadas as actas.

Se escolliches non imputalo automaticamente, poderás solicitar a imputación en calquera momento, mentres manteñas a vinculación coa USC, a través da sede electrónica da USC.

Escollín a opción de imputar automaticamente o ECTS, podo cambiar a escolla?

Si, pero só hai dúas oportunidades para facelo:

  • durante o prazo en que está aberta a matrícula no curso, desde a túa Secretaría Virtual.

  • mentres dure o curso CI no que estás matriculado, exercendo o dereito de oposición contemplado na normativa. Para isto debes contactar coa UXA.

Unha vez imputado o ECTS no teu expediente non pode ser retirado.