María Josefa Wonenburger Planells naceu no seo dunha familia que lle deu unha educación pouco habitual para a época. Acadou a licenciatura en Matemáticas na Universidade Central (actualmente Universidade Complutense), para doutorarse en Yale cunha bolsa Fullbright, da que foi unha das primeiras beneficiarias. A súa tese sobre teoría de grupos foi dirixida polo prestixioso alxebrista Nathan Jacobson. Debido ás dificultades para desenvolver a súa actividade académica en España, Wonenburger exercerá a docencia na Universidade de Toronto (Canadá), en Buffalo e Indiana. Será na universidade canadense onde dirixa a tese de Robert Moody, quen máis tarde sería un dos creadores da teoría de álxebra de Kac-Moody, con gran repercusión noutros campos das Matemáticas e da Física. Durante a súa estancia no estranxeiro, publicou artigos de investigación nas máis prestixiosas revistas de Matemáticas, sobre todo no campo da Álxebra, en concreto na Teoría de Grupos e na Teoría de Álxebras de Lie. Na actualidade, o premio que leva o seu nome recoñece o labor de destacadas mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía. A última galardoada foi a catedrática de Fundamentos de Análise Económica da USC, María Loureiro.
Escolma bibliográfica de María Wonenburger
Escolma bibliográfica sobre María Wonenburger:
Outros recursos: