Ir ao contido principal

Exposición 8 mulleres galegas que moveron os marcos

María Luz Morales (A Coruña, 1898 - Barcelona, 1980)

María Luz Morales María Luz Morales naceu na Coruña e trasladouse coa súa familia a Cataluña sendo cativa. Diplomouse en Filosofía a Letras co desexo de dedicarse ao xornalismo. Comezou traballando na revista El hogar y la moda (actualmente a revista Lecturas), para ao pouco tempo pasar a La Vanguardia, onde asinaba co seudónimo Felipe Centeno as súas críticas cinematográficas. Máis tarde, sería a encargada de realizar no mesmo xornal a crítica teatral, na que utilizaba xa o seu verdadeiro nome. Ademais do seu traballo como xornalista, participou como asesora literaria na tradución e adaptación ao cine sonoro dos filmes da Paramount. Co estalido da Guerra Civil en 1936, La Vanguardia pasa a estar controlado por un comité obreiro da CNT-UXT e Morales é nomeada directora. Deste xeito, convértese na primeira muller en dirixir un xornal en España. Debido ao seu compromiso político, republicano e galeguista, foi encarcerada durante corenta días no convento barcelonés de Sarriá. Tras o fin da contenda e co triunfo do bando golpista, queda inhabilitada para exercer o xornalismo, polo que se centra na escrita de novelas, a tradución e a actividade editorial, coa creación da editorial Surco. Na actualidade, os Premios María Luz Morales outorgados pola Academia Galega do Audiovisual teñen como obxectivo fomentar a investigación sobre o audiovisual en lingua galega.

Referencias

Escolma bibliográfica de María Luz Morales

  • Morales, María Luz, tradutora. Peter Pan y Wendy: la historia del niño que no quiso crecer. Juventud, 1925
  • Morales, María Luz. Miguel de Cervantes: su vida gloriosa relatada a la juventud. Araluce, 1926
  • Morales, María Luz. Julio César: vida y hechos. Araluce, 1936
  • Morales, María Luz. Vida y hechos de Alejandro Magno. Araluce, 1936
  • Morales, María Luz. Historias del romancero: flor de romances castellanos. Araluce, 1939
  • Morales, María Luz. El mundo de las hormigas. Ediciones Reguera, 1948
  • Morales, María Luz. El Cine: historia ilustrada del séptimo arte. Salvat, 1950
  • Morales, María Luz. Balcón al atlántico: (otra novela sin héroe). Surco, 1955 
  • Morales, María Luz. "Paisaje y mitología en la obra de Otero Pedrayo". Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra: homaxe da Galicia Universal". [Centro Galego], 1958, pp. 74-76  
  • Morales, María Luz. Historias del décimo círculo. Destino, 1962
  • Morales, María Luz. "El equívoco de la crítica". Xornalistas con opinión: escolma de textos, editado por Rosa Aneiros, et al, Galaxia, 2007, pp. 244-250. 
  • Morales, María Luz. "Éstas, nuestras claras mujeres". Xornalistas con opinión: escolma de textos, editado por Rosa Aneiros, et al, Galaxia, 2007, pp. 244-250. 
  • Morales, María Luz. "Língoa materna". Xornalistas con opinión: escolma de textos, editado por Rosa Aneiros, et al, Galaxia, 2007, pp. 242-243. 
  • Morales, María Luz. Alguien a quien conocí: Marie Curie, García Lorca, Gabriela Mistral, Valéry, Victor Català, Keyserling, Malraux. Renacimiento, 2019

Escolma bibliográfica sobre María Luz Morales

  • Antonina, Rodrigo. "María Luz Morales". Mujeres para la historia: la España silenciada del siglo XX. Compañía Literaria, 1996
  • Arrollo Cabello, María. "Rompiendo moldes: María Luz Morales y la crónica femenina". Revista Internacional de Historia de la Comunicación, Vol.16, 2021, pp.65-92 
  • Julio, Teresa. "María Luz Morales y su labor en la editorial Araluce". Revista de literatura, Vol.83, 2021, pp.167-191 
  • Moledo Ucha, Alva." Feminismo y proyección de la mujer en el diario El Sol. Análisis de las aportaciones de María Luz Morales en la sección "La mujer, el niño y el hogar". Historia y comunicación social, Vol.27 (2), 2022, pp.435-444  
  • Salgado, Esther, e Francesc Salgado. "María Luz Morales directora de La Vanguardia (1936-1937)". Historia y comunicación social. Vol. 25 (2), 2020, pp. 299-308 
  • Servén Díez, Carmen. "Literatura, periodismo y cine: María Luz Morales en La Vanguardia". Escritoras españolas en los medios de prensa, editado por Servana Rota et al. Renacimiento, 2013, pp. 267-289
  • Vidal, Carme. "María Luz Morales, a gran señora da prensa". Xornalistas con opinión : 20 biografías, editado por  Rosa Aneiros Díaz, et al. Galaxia, 2007, pp. 254-265 

Outros recursos:

  • Ballester, Romina. "María Luz Morales. Felipe Centeno". Narrado por Carmen Domingo et al. Clásicas y modernas, episodio 7.

Recursos

Nomemamento de María Luz Morales como directora de La Vanguardia o 7 de agosto de 1936 (recadro inferior)

Artigo de María Luz Morales en La Vanguardia na sección "Folletones literarios"